Paco Nogueiras actúa en San Ramón de Bealo este venres 30 co espectáculo Brinca Vai!

27 Agosto 2024

Este venres 30 o músico multiinstrumentista Paco Nogueiras estará en Boiro para ofrecer un concerto con motivo das festas de San Ramón de Bealo, a partir das 21.00 horas. Trátase do espectáculo Brinca Vai!, unha cita musical para público infantil e familiar que reivindica a música como diversión e como canle para a transmisión de valores humanos e solidarios e, tamén, para a reivindicación da lingua galega.

Paco Nogueiras é hoxe por hoxe un dos artistas galegos máis queridos (e requiridos) polas nosas nenas e nenos, en festivais, actos de presentación, feiras, romarías e concertos. Logo da importante pegada de Brinca Vai!, éxito de vendas e cuxas cancións aínda seguen vivas en calquera acto festivo onde se xunte un mínimo de cativada, volveu dar no albo (dende o punto de vista artístico, musical e comercial) con Radio Bulebule, unha homenaxe á rica tradición comunicativa e informativa do medio radiofónico, servida a través dunha serie de éxitos musicais con cadansúa cuña de presentación.

Outros artigos

Mar remata as obras de construción do peirao interior de Muros

A Consellería do Mar, a través de Portos de Galicia, investiu 460.000 euros na reconstrución dun tramo do peirao interior da dársena de Muros (A Coruña). A titular do departamento autonómico, Marta Villaverde, visitou na mañá deste mércores 10 de xuño as obras que se...

+

ADEGA di que maquinaria pesada arrasou unha zona dunar de Aguiño

ADEGA vén de emitir un comunicado no que a asociación ecoloxista galega pon o foco nunha praia de Aguiño onde, segundo din, vénse de arrasar un hábitat de gran relevancia para cría da píllara das dunas. Sinalan que dende o pasado sábado, 6 de xuño, nas vésperas do...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“El verdadero líder”. Alberto Barciela

“El verdadero líder”. Alberto Barciela

​El viaje a España de Robert Prevost, convertido en el Papa León XIV por decisión de un concilio, ha trascendido la mera visita institucional para transformarse en un acontecimiento del espíritu. En Madrid, como lo hará en Barcelona y Canarias, ha emergido con nitidez...