Os festexos do Carme dos Pincheiros contarán novamente cun Espazo Violeta

14 Agosto 2024

A Concellaría da Igualdade da Pobra do Caramiñal porá novamente en marcha unha serie de accións coas cales contribuír a unhas festas do Carme dos Pincheiros libres de agresións machistas.

Habilitarase un Espazo Violeta na praza Alcalde Segundo Durán, que estará atendido por unha educadora social e unha psicóloga, onde estarán ofrecendo información e realizando actividades encamiñadas á concienciación e sensibilización sobre as agresións machistas.

Tamén informarán e acompañarán sobre os pasos para seguir de se producir un episodio destas características.

Esta medida estará operativa, principalmente, no horario de ocio nocturno: no venres 16 (das 23.00 ás 01.00 horas); no sábado 17 (das 20.00 ás 01.00 horas); no domingo 18 (das 23.00 ás 01.00 horas); e no lunsn19 (das 23.00 ás 01.00 horas).

Alí tamén se fará entrega de pulseiras co lema #apobracontraaviolenciamachista, tapas para vasos contra a submisión química, bolsas de tea, chapas e adhesivos, mochilas, batería portátil de teléfono móbil, bolígrafos e demais material divulgativo. Farase un sorteo diario no remate da noite cun lote destes obxectos.

Contarase, ademais, outro ano máis coa colaboración dos establecementos hostaleiros, que disporán dun plano coa localización e os horarios do Espazo Violeta e coordinación coa Policía local e coa Protección Civil, no caso de que existise algún incidente.

Outros artigos

Estabilizado o lume de Ribasieira (O Son)

A Consellería do Medio Rural informou de que o incendio forestal rexistrado no concello coruñés do Porto do Son, parroquia de Ribasieira, quedou estabilizado ás 18,15 horas de hoxe. O lume iniciouse ás 14,42 horas de onte e segundo as últimas estimacións provisionais...

+

Este mércores 23, comeza o outono logo dun verán de récord

Este verán foi o de maior número de días con temperatura máxima por riba dos 30 graos en Compostela, segundo datos do Observatorio Astronómico da USC Comeza o outono. Foto: Santi Alvite Ás 2:05 horas do mércores 23 dá comezo o outono no hemisferio boreal. Esa hora...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Caridade e solidariedade” – José Manuel Pena

“Caridade e solidariedade” – José Manuel Pena

“Axúdanlles moito máis aos estranxeiros que ás familias humildes da zona”. Observo como unha muller inmigrante, entregaba un cupón de alimentos, e saía do supermercado con dous carros repletos de comida, mentres que a unha veciña, sen apenas recursos, só lle dan unha...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.