O Verán Cultural da Pobra achega esta semana animación na rúa con Pachamama e un concerto con Clara Pino e Pablo Vidal

12 Agosto 2024

Máis alá da festa do Carme dos Pincheiros, A Pobra do Caramiñal vivirá xa a mediados desta semana dúas actividades ao aire libre adscritas ao Verán Cultural 2024. “A partir desta fin de semana mergullarémonos nun dos grandes festexos da nosa localidade, pero xa teremos antes dúas novas citas culturais”, declarou a concelleira da Cultura, Patricia Lojo.

Troula Animación percorrerá o núcleo urbano con Pachamama no mércores 14, a partir das 21.30 horas. Unha carroza móbil cun batería animará o ambiente con ritmos electro-tribais, acompañado de catro marionetas xigantes, con coreografías, interacción co público e parada final con pirotecnia.

E Clara Pino & Pablo Vidal e Banda ofrecerán un concerto no xoves 15, ás 21.30 horas, no Cantón da Leña.

Outros artigos

Falece un ciclista tras sufrir unha caída nunha pista forestal en Cee

A vítima formaba parte dun grupo de sete persoas que percorría en bicicleta o Camiño a Fisterra Un ciclista perdeu a vida esta tarde no concello coruñés de Cee tras precipitarse da súa bicicleta mentres realizaba o Camiño de Santiago en dirección a Fisterra xunto a un...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Colleita 2026, máis galega” – Xosé González Martínez

“Colleita 2026, máis galega” – Xosé González Martínez

Nunha mañá fría de xaneiro de 1936, ao pé do lume da lareira da Casa dos Ulloa, en Esposende (Ribadavia), Álvaro das Casas, escritor e dinamizador cultural do galeguismo, reuniu un grupo de colleiteiros do Ribeiro para propoñerlles a creación da Unión de Colleiteiros...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.