O Pazo de Goiáns acolle a primeira edición do Boviño Fest adicado a Antonio Saborido “Xirpín”

13 Agosto 2024

O Pazo de Goiáns acolle este xoves 15 de agosto a primeira edición do Boviño Fest, unha actividade que busca poñer en valor a tradición vitivinícola galega con catas de viños e activades, adicado á memoria de A. Saborido “Xirpin”.

As actividades comezarán pola mañá con acceso gratuíto, a partir das 11.00 horas cun paseo botánico guiado por Xulio Gutiérrez; unha cata de viños da IXP Barbanza- Iria e homenaxe con brindis en recordo de Antonio Saborido con viños da súa adega.

Ademais, entre as 12.30 e as 16.00 horas, haberá un espazo con adegas da IXP Barbanza-Iria e a adega convidada Pagos de Brigante de Betanzos, da IXP Terra de Betanzos; un espazo gastronómico con Gastrolab de Miguel Mosteiro; un espazo de Cervexa Alhambra e DJs e un concerto de Black Stereo.

As actividades continúan pola tarde cun túnel do viño entre as 19.00 e as 23.30 horas; unha cata musical ás 19.30 horas e un brindis homenaxe en recordo de Antonio Saborido.

O acceso ás degustacións da tarde teñen un prezo de 15 euros anticipada e 20 en taquilla. Ademais, cortesía a XVI Exaltación do Mexillón, as primeiras 200 entradas terán ración de mexillón.

Outros artigos

O PSOE de Ribeira acusa ao Executivo local de “falta de propostas”

O PSOE de Ribeira tamén fixo balance do ano de Goberno do PP e PBBI logo da moción de censura consumada en outubro do ano pasado. No seu balance afirmou que a alcaldesa, coincidindo co primeiro aniversario da moción de censura, "segue sen ofrecer solucións á fronte da...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Cuando la huelga cambia de destinatario”. José Castro López

“Cuando la huelga cambia de destinatario”. José Castro López

Vaya por delante que la huelga es una conquista consagrada que tienen los trabajadorespara reivindicar y defender sus derechos. De hecho, en lo que llevamos de democraciatodas las huelgas generales se convocaron por razones laborales contra las políticas delGobierno...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.