O noiés Caetano Horta logra nos Xogos de París o seu segundo diploma olímpico

02 Agosto 2024

O remeiro noiés Caetano Horta, e o catalán Dennis Carracedo, obtiveron este venres 2 de agosto un diploma olímpico nos Xogos de París tras rematar segundos na final B do dobre scull lixeiro de remo.

A saída, moi forte para Horta e Carracedo, foi un xeito de compensar a ausencia dos deportistas na gran regata final polas medallas. A enerxía inicial non os abandonou no transcurso da proba, e así, cruzaron o primeiro segmento dos 500 metros seguidos de preto dos remeiros franceses, a escasas 32 centésimas, e despois foron quen de ampliar as distancias. Horta e Carracedo chegaron ao treito final por diante de Francia e Bélxica, que loitaron polo segundo o posto.

A sorpresa veu ao remate, cando os franceses puideron adiantar aos remeiros representantes de España, quedaron finalmente segundos. Este foi o segundo diploma olímpico para o remeiro nado en Noia, xa que como lembraremos, conseguiu nos Xogos previos de Toquio o mesmo recoñecemento acompañado do tamén catalán Manel Balastegui.

Dennis Carracedo e Caetano Horta, no estadio náutico de Vaires-sur-Marn nunha foto de AFP7 vía Europa Press

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Leire”. Xulio Xiz

“Leire”. Xulio Xiz

Hai tempo que quería escribirlle a Leire, e funo deixando pero de hoxe non pasa. Pode parecer que lle escribo á Leire Díez que anda na boca de todos, pero prefiro outra ben mais inocente.Certo que hai tempo busquei no organigrama de Correos quen tiña autoridade no...

«Eu non quería morrer alá». Xosé Antonio López Silva

«Eu non quería morrer alá». Xosé Antonio López Silva

Bastou a aparición dunha palabra —hantavirus— para que regresasen de súpeto ao eido público os medos da COVID: os rumores, a procura de culpables, o instinto de autopreservación, a tendencia inquietante a deshumanizar. Ás veces semella esquecerse que todos os enfermos...