O guitarrista Mateo Arnáiz pecha cun recital a mostra de Doroteo Arnáiz no Museo do Gravado (este venres ás 20.30 horas)

23 Agosto 2024

Este venres 23 de agosto clausúrase no Museo do Gravado de Artes (Ribeira) a exposición Doroteo Arnáiz. Ilustrador. A mostra pecharase cun concerto de Mateo Arnáiz (guitarrista, compositor e investigador musical) a partir das 20.30 h na sala 0 do Museo do Gravado. O recital desenvolverase baixo o epígrafe Estampas sonoras: fantasías, caprichos e poesías. Interpretará pezas de Sor, Tárrega e del mesmo (Tiempo de Tormenta, Namorados e 2 Wakas).

Mateo Arnáiz nace no ano 1982 en Madrid. Comeza os seus estudos de música no ano 1989 no Conservatorio Nacional Superior de música
de A Coruña, obtendo o título de profesor superior de Música no ano 2020 coa cualificación de sobresaínte e o Premio de Honra fin de Estudos Superiores. No 2001 instálase en París, estudando na École Normale Musique Alfred Cortot co mestre Alberto Ponce, obtendo o Diplôme Supérieur de Exécution no 2004.

No 2015 obtén o doutoramento en Investigación Psicolóxica en contextos Educativos pola Universidade de A Coruña coa cualificación de sobresaínte cum laude e a mención de Doutor Internacional pola Universidade de A Coruña, baixo a tutela dos directores, o dr. Manoel Baña e a dra. María del Mar Durán coa tese La interpretación musical y la ansiedad escénica:
validación de un instrumento de diagnóstico y su aplicación en los estudiantes españoles de Conservatorio Superior de Música
.

Entre os anos 1996 e 2007 obtén diversos premios de guitarra en Francia e en España e a bolsa do Centre International Nadia et Lili Bou- langer (Fondation de Francia).

No ano 2005 grava o seu primeiro disco Preludios con obras de F. Tárrega, H. Villa-Lobos, L. Brouwer, entre outros. No ano 2006 Caprichos-Boleros-Fandangos cunha guitarra orixinal do século XIX (1820) e no ano 2009 o disco
Isaac Albéniz Suite española. No ano 2009 xunto a Javier Santaella Morales crea o dúo de
guitarras Axioma II e no ano 2011 gravan o disco Souvenirs de París con composicións
de Mateo Arnáiz. No ano 2011 funda o grupo de tangos EnClave xunto a Miguel Castro
(vibráfono) gravando en 2015 o disco Entre Tangos. No ano 2018 publica El sonido de
las emociones
con composición propias para guitarra. No ano 2022 publica o seu segundo traballo con grupo EnClave chamado O noso tango.

A súa carreira profesional como intérprete lévao a actuar regularmente en países como Francia, España, Italia, Portugal, Polonia, Letonia e Arxelia. Tamén actúa en varias ocasión como so- lista xunto con Orquestras Sinfónicas.

Para vermos actuacións de Mateo Arnaiz podemos visitar a súa canle de Youtube.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“El Principio de Peter en Ceuta”. José Castro López

“El Principio de Peter en Ceuta”. José Castro López

En 1969 Laurence J. Peter formuló el principio que lleva su nombre según el cual, enuna estructura jerárquica, los empleados llegan al nivel de incompetencia cuando sonascendidos a puestos para los que ya no están capacitados. El pedagogo canadienseformuló su teoría...

“Os dereitos de todos”. Luís Celeiro

“Os dereitos de todos”. Luís Celeiro

Ela e o seu marido fóronse vivir a Ceuta hai uns cantos anos, recen casados e sen fillos. Nun daquelescuarteis estivera destinado Marcial, como soldado forzoso e antimilitarista confeso. Ao volver da“mili”, e despois de tempadas longas traballando no mar ou na...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.