O Goberno executa este ano 19,4 millóns para estender a banda larga ao conxunto de Galicia

01 Agosto 2024

O delegado do Goberno en Galicia, Pedro Blanco, abriu o mes de agosto facendo balance das frontes de traballo abertas polo Goberno para acelerar a innovación e a modernización (sustentábel, social, tecnolóxica) da nosa Comunidade, frontes entre as que se atopa unha que nos colle de preto: a loita para levar a banda larga a todos os recantos.

Segundo apuntou, “a Galicia vive a día de hoxe a maior transformación da súa historia con case 4.000 millóns de euros do Goberno para un futuro xusto, seguro e sostíbel”, e que esta transformación é posíbel gracias ao Plan de Recuperación impulsado polo Goberno e que se converteu “no gran motor da modernización de Galicia”.

Pedro Blanco presentou no primeiro de agosto o balance semestral de rendición de contas Cumprindo, que recupera o Goberno nesta lexislatura reflexo do compromiso pola transparencia na xestión pública e a información á cidadanía.

O delegado detallou que, ata o pasado mes de xullo, Galicia recibiu 3.391 millóns de euros do Plan de Recuperación, Transformación e Resiliencia. Desta cantidade, 1.846 millóns de euros foron executados directamente polo Goberno e 1.545,2 millóns de euros foron asignados a Galicia para executar políticas no marco das súas competencias: vivenda, mobilidade sustentael, promoción de renovábeis, restauración de ecosistemas, educación e Formación Profesional, inclusión e servizos sociais, entre outros. A estas dúas cantidades engádense os 440,9 millóns de euros asignados a Galicia a través dos Fondos REACT-UE.

Segundo dixo, até o de agora agora as convocatorias e programas financiados polo Plan de Recuperación beneficiaron en Galicia a 36.876 empresas, institucións, e cidadáns situadas en todos os concellos. Deste total, Pedro Blanco destacou que oito de cada dez beneficiarios das convocatorias son empresas e persoas autónomas de Galicia, o que certifica que o Goberno “é o mellor aliado do tecido empresarial galego”.

O balance Cumprindo repasa os fitos acadados polo Goberno en Galicia en distintos epígrafes. Ao Plan de Recuperación, engádense as medidas relativas á modernización socioeconómica en clave verde e dixital, nas que destacan os 111,7 millóns de euros para a dixitalización de 27.282 pequenas empresas e autónomos de Galicia co Programa Kit Dixital ou os datos acadados en emprego e afiliación á Seguridade Social.

No que respecta ao reforzo do Estado do Benestar, o balance destaca as 76.459 persoas que perciben o Ingreso Mínimo Vital, a creación de máis de 5.600 prazas de Formación Profesional ou os 49,7 millóns transferidos para mellorar a atención a persoas dependentes.

No que respecta á promoción da igualdade entre homes e mulleres, o balance recolle, entre outros compromisos cumpridos, os 12 millóns de euros destinados a Galicia para accións contra a violencia de xénero e os 9 millóns de euros para executar o Plan Corresponsábeis.

O balance remata co repaso das accións para fortalecer a cohesión territorial e facer fronte ao reto demográfico, entre as que destacan o programa ÚNICO-Banda Larga, con 19,4 millóns executados este ano para estender a banda larga ao conxunto de Galicia e os 53,2 millóns de euros para dotar de conectividade 5G a zonas rurais. Estas medidas, como dixemos, forman parte da terceira convocatoria do Programa ÚNICO Banda larga do Ministerio de Transformación Dixital, que suma un investimento global de 90 millóns de euros na comunidade para levar a conexión de banda larga a 236.254 fogares e empresas que ata o de agora non contaban con este servizo antes de finais de 2025.

Outros artigos

O PSOE de Ribeira acusa ao Executivo local de “falta de propostas”

O PSOE de Ribeira tamén fixo balance do ano de Goberno do PP e PBBI logo da moción de censura consumada en outubro do ano pasado. No seu balance afirmou que a alcaldesa, coincidindo co primeiro aniversario da moción de censura, "segue sen ofrecer solucións á fronte da...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Cuando la huelga cambia de destinatario”. José Castro López

“Cuando la huelga cambia de destinatario”. José Castro López

Vaya por delante que la huelga es una conquista consagrada que tienen los trabajadorespara reivindicar y defender sus derechos. De hecho, en lo que llevamos de democraciatodas las huelgas generales se convocaron por razones laborales contra las políticas delGobierno...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.