O Faiado acolle a exposición 1+1 de Roque Rey

23 Agosto 2024

Dentro das actividades da semana mariñeira Artemar, en Ribeira, inaugurouse na tenda-galería O Faiado a exposición 1+1 de Roque Rey. Na cita participou o propio artista acompañado do alcalde de Ribeira, Luís Pérez Barral, e máis da concelleira de Cultura, Antía Alberte.

Roque Rey (Muros,1964), muradán residente en Nova York é un vello coñecido da galería ribeirense, xa que en 2017 expuxo no mesmo lugar a exitosa proposta Fake News. Na súa cidade de adopción (Nova York) ten exposta en galerías tan prestixiosas como a School of Visual Arts Ceramic Sculpture Show e a BOFFO Show House. A día de hoxe desenvolve o seu traballo como arquitecto no estudo Robert Couturier.

Nas súas obras reflíctese o carácter multicultural da cidade norteamericana e, tamén, do seu periplo como artista. É doado ver como emerxen, das súas diferentes propostas, lembranzas de Muros e da Costa da Morte, da súa prolongada estadía en Nova York e tamén das súas frecuentes viaxes ao Extremo Oriente.

Outros artigos

ADEGA di que maquinaria pasada arrasou unha zona dunar de Aguiño

ADEGA vén de emitir un comunicado no que a asociación ecoloxista galega pon o foco nunha praia de Aguiño onde, segundo din, vénse de arrasar un hábitat de gran relevancia para cría da píllara das dunas. Sinalan que dende o pasado sábado, 6 de xuño, nas vésperas do...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Prioiridade nacional, onde e con quen?-“. Antón Luaces

“Prioiridade nacional, onde e con quen?-“. Antón Luaces

Dicir "os españois primeiro" é o equivalente a poñer en determinadas bocas citas indebidas e nas mans desas persoas a chave que só abre portas a moi concretos españois que, dende as opcións de VOX e outros partidos das súas  características, constatan que se...

“Leire”. Xulio Xiz

“Leire”. Xulio Xiz

Hai tempo que quería escribirlle a Leire, e funo deixando pero de hoxe non pasa. Pode parecer que lle escribo á Leire Díez que anda na boca de todos, pero prefiro outra ben mais inocente.Certo que hai tempo busquei no organigrama de Correos quen tiña autoridade no...