O espectáculo de cultura urbana “Ópera Break’s” chega a Ribeira o 5 de setembro da man de FalaRedes

29 Agosto 2024

O vindeiro xoves 5 de setembro ás 21.00 h a Porta do Sol de Ribeira vai acoller a representación do espectáculo da Vella Escola Ópera Break´s, encadrado na programación de FalaRedes da Rede de Dinamización Lingüística da Secretaría Xeral da Lingua. Trátase dunha cita que pon o foco en diferentes disciplinas artísticas da cultura urbana (o breakdance, o beatbox, o espírito DJ etc) e máis na ópera a pé de rúa. Segundo salientou o Servizo de Normalización Lingüística do Concello, será “unha única función de gran calidade artística que brota da conexión da soprano noiesa Esperanza Mara, o picadisco DJ Mil, Tai, e os artistas urbanos do colectivo Vella Escola”.

Trátase dunha proposta que xunta con éxito dous mundos sobre o papel contrapostos: por unha banda, a ópera (ligada tradicionalmente a un estereotipo elitista, inaccesíbel, reservado para uns poucos e sobre todo ligada aos espazos pechados, fundamentalmente aos teatros) e, pola outra, a cultura urbana (aquela dirixida á mocidade, libre de normas, transgresora e que se cultiva a pé de rúa, moitas veces ligada á loita social).

Este espectáculo singular vai dirixido a un público mozo pero tamén familiar que gozará dun show onde a expresión musical e corporal romperá as barreiras do clásico e do urbano, fusionando estilos e dando orixe a un espectáculo multidisciplinar e imprescindíbel onde todo o inimaxinable pode chegar a suceder…

Cruz Rivadulla, concelleira de Educación e Igualdade, e Alicia Padín, responsábel de Normalización Lingüística do Concello

Sobre Esperanza Mara

Soprano, instrumentista e directora artística noiesa, ademais de artista multidisciplinar, Esperanza Mara pon en Ópera Break´s súa voz ao servizo da cultura urbana, e incorpora pezas clásicas coma as coñecidas arias Casta Diva da Norma de Bellini, a Habanera da Carmen de Bizet, ou a balada Negra Sombra de Juan Montes ao espectáculo máis contemporáneo.

Sobre DJ Mil

A parte da súa traxectoria en solitario, DJ Mil foi picadiscos de grupos e artistas galegos coma García Mc, Woyza, Comando Katana, entre outros. Crea unha sesión que envolve este novo espazo artístico.

Sobre Tai

Artista especializado no beatbox e competidor nesta disciplina a nivel nacional, dirixe a plataforma de beatbox máis grande de Galicia chamada GaliBeats. Tai enche de beatbox o espectáculo Ópera Break’s.

Outros artigos

O PSOE de Ribeira acusa ao Executivo local de “falta de propostas”

O PSOE de Ribeira tamén fixo balance do ano de Goberno do PP e PBBI logo da moción de censura consumada en outubro do ano pasado. No seu balance afirmou que a alcaldesa, coincidindo co primeiro aniversario da moción de censura, "segue sen ofrecer solucións á fronte da...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Cuando la huelga cambia de destinatario”. José Castro López

“Cuando la huelga cambia de destinatario”. José Castro López

Vaya por delante que la huelga es una conquista consagrada que tienen los trabajadorespara reivindicar y defender sus derechos. De hecho, en lo que llevamos de democraciatodas las huelgas generales se convocaron por razones laborales contra las políticas delGobierno...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.