O vindeiro 29 de setembro toca calzarse as botas de camiñar, xa que se celebra en Porto do Son unhas nova Andaina-Xornada Familiar de GaliciAME, actividade solidaria e gratuíta que ten o seu punto de partida na fachada marítima da vila sonense (ás 11.00 horas) e na que poden participar persoas de todas as idades (terá seis quilómetros de percorrido).
“Trátase dunha actividade ideal para desfrutar en familia, coas amizades e con toda a nosa veciñanza e visitantes”, sinalan dende a organización, engadindo que será habilitado un peto no que poder depositar doazóns a GaliciAME. Ás 13.30 horas, no Campamento Virxe do Loreto, celebrase unha xantar familiar con xogos, inchábeis e sorteos.
Quen precise máis información e formalizar a súa inscrición pode chamar ao 981 76 75 89 ou enviar un correo electrónico a osoncamina@gmail.com.
O recadado servirá para contribuír á causa solidaria de GaliciaAME, Asociación Atrofia Muscular Espinal, que contribúe dende hai anos (grazas en boa medida ás doazóns de cidadanía e entidades) á investigación centrada na AME.
A actividade vén da man de GaliciAME e o Concello de Porto do Son.




