O 14 de setembro temos unha cita cos lugares de Rosalía de Castro, da man dos concellos de Ames, Brión, Dodro e Padrón

29 Agosto 2024

O vindeiro mes de setembro comezarán novamente as Rutas Rosalianas, unha oportunidade inmellorábel para coñecer in situ os lugares que marcaron a vida e obra de Rosalía de Castro. A iniciativa vén da man dos Concellos de Ames, Brión, Dodro e Padrón, e tamén da Fundación Casa de Rosalía de Castro que dirixe Anxo Angueira. A data clave será o 14 de setembro, día no que está previsto unha xornada “moi especial” que contará con visitas teatralizadas e un xantar libre en Padrón e que rematará no serán coa música de Manoele e Felisa (ás 19.00 horas, de acceso libre até completar a capacidade da igrexa de Santa María A Maior de Iria Flavia). As persoas que desexen participar deberán inscribirse antes do 10 de setembro. Haberá saídas en Bus dende Dodro, Padrón, Ames, Brión e Ames.

Outros artigos

Estabilizado o lume de Ribasieira (O Son)

A Consellería do Medio Rural informou de que o incendio forestal rexistrado no concello coruñés do Porto do Son, parroquia de Ribasieira, quedou estabilizado ás 18,15 horas de hoxe. O lume iniciouse ás 14,42 horas de onte e segundo as últimas estimacións provisionais...

+

Este mércores 23, comeza o outono logo dun verán de récord

Este verán foi o de maior número de días con temperatura máxima por riba dos 30 graos en Compostela, segundo datos do Observatorio Astronómico da USC Comeza o outono. Foto: Santi Alvite Ás 2:05 horas do mércores 23 dá comezo o outono no hemisferio boreal. Esa hora...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Caridade e solidariedade” – José Manuel Pena

“Caridade e solidariedade” – José Manuel Pena

“Axúdanlles moito máis aos estranxeiros que ás familias humildes da zona”. Observo como unha muller inmigrante, entregaba un cupón de alimentos, e saía do supermercado con dous carros repletos de comida, mentres que a unha veciña, sen apenas recursos, só lle dan unha...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.