Nebra celebra este xoves e este venres as Festas da Nosa Señora

13 Agosto 2024

A parroquia de Nebra, en Porto do Son, celebra esta semana as súas Festas á Nosa Señora. As celebracións concentraranse este xoves 15 e o venres 16 de agosto. Comezarán o xoves coas dianas e alboradas do grupo de pandeireteiras Falcoeira, e cunha misa solemne ás 13.00 horas seguida por unha mexillonada amenizada polo Dúo Aires de Broña. Pola tarde haberá actividades para a rapazada, con xogos e inchábeis no Campo do Prado, en Aguieira, a partir das 17.30 horas. Unha hora máis tarde, ás 18.30 horas, dará comezo o tradicional partido de solteiros contra casados no Campo do Prado.

Pola noite haberá verbena ás 23.00 horas co Dúo Aires de Broña, Planet Disco Móbil e Mateo Abelleira.

O venres a misa solemne das 12.00 estará amenizada polo Grupo de Pandereteiras Falcoeira,. Na sesión vermú actuará a Orquestra Puzzle, a partir das 13.30 horas, que volverán actuar pola noite a partir das 22.30 horas.

Outros artigos

O PSOE de Ribeira acusa ao Executivo local de “falta de propostas”

O PSOE de Ribeira tamén fixo balance do ano de Goberno do PP e PBBI logo da moción de censura consumada en outubro do ano pasado. No seu balance afirmou que a alcaldesa, coincidindo co primeiro aniversario da moción de censura, "segue sen ofrecer solucións á fronte da...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Cuando la huelga cambia de destinatario”. José Castro López

“Cuando la huelga cambia de destinatario”. José Castro López

Vaya por delante que la huelga es una conquista consagrada que tienen los trabajadorespara reivindicar y defender sus derechos. De hecho, en lo que llevamos de democraciatodas las huelgas generales se convocaron por razones laborales contra las políticas delGobierno...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.