Muros pon en marcha o servizo municipal de madrugadores para o curso 2024/25

12 Agosto 2024

O Concello de Muros impulsou o Servizo Municipal de Madrugadores para o curso 2024/2025, un programa de conciliación no CEIP Plurilingüe de Louro, CEIP Ramón de Artaza y Malvárez e CEIP Plurilingüe Ricardo Tobío durante o próximo ano escolar. Este servizo de Madrugadores é gratuíto e xestionado polo Concello. O prazo de solicitude de inscricións comeza este luns 12 de agosto e remata o 30 deste mesmo mes.

“Con este servizo, damos resposta a unha demanda das ANPAs e dos centros educativos”, asegurou Laura Rivadeneira, concelleira de Ensino, que presentou a iniciativa con Maruxa Martínez, concelleira de Igualdade. “O obxectivo fundamental é favorecer a conciliación da vida laboral e familiar das familias que o precisen antes do inicio do horario lectivo”, engadiu Martínez.

O número de participantes será dun mínimo de 5 alumnos/as por centro educativo e un máximo 30 alumnos/as por centro.

Outros artigos

Medio Rural dá por extinguido o incendio de Ribasieira

A Consellería do Medio Rural informou de que o incendio forestal rexistrado no concello do Porto do Son, parroquia de Ribasieira, quedou extinguido ás 19,11 horas de hoxe, xoves 24 de setembro. Como lembraremos, o lume iniciouse ás 14,42 horas do pasado luns e...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Colleita 2026, máis galega” – Xosé González Martínez

“Colleita 2026, máis galega” – Xosé González Martínez

Nunha mañá fría de xaneiro de 1936, ao pé do lume da lareira da Casa dos Ulloa, en Esposende (Ribadavia), Álvaro das Casas, escritor e dinamizador cultural do galeguismo, reuniu un grupo de colleiteiros do Ribeiro para propoñerlles a creación da Unión de Colleiteiros...

“La sociedad deslumbrada”. Alberto Barciela

“La sociedad deslumbrada”. Alberto Barciela

LA SOCIEDAD DESLUMBRADA Es más que probable que estemos viviendo deslumbrados, ciegos de tanta luz y de tanta pantalla, concibiendo ilusiones y expectativas vanas, ofuscados, enceguecidos. Creo que la palabra que todo lo puede sintetizar, al menos lo que quiero...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.