Este mércores irase recuperando progresivamente a influencia anticiclónica, deste xeito agárdanse ceos con intervalos nubrados pola mañá. Xa pola tarde iranse abrindo claros no ceo con nubosidade de tipo alto. As temperaturas mínimas sufrirán un lixeiro descenso, mentres que as máximas non terán cambios significativos ou con ascensos na nosa costa cehgando ós 27-28 graos. Os ventos soprarán frouxos de compoñente norte, sendo moderados do noroeste pola tarde nas Rías Baixas.
O xoves, día da Asunción seguimos con sol e temperaturas en ascenso superando os 30 graos. O tempo seco e soleado vainos acompañar ata final de mes con variación nas temperaturas que quedarán entre os 25 e os 30 graos.

O noso mar: Vento do norte á mañá, do noroeste á tarde e do norte á noite, forza 2 a 3 á mañá, 3 a 5 á tarde e 3 a 4 á noite. Mar ovellado á mañá e marusía á tarde e á noite. Visibilidade boa. Mar de fondo do noroeste, con ondas de 1.5 a 2.5 metros á mañá e á noite e 2 a 3 metros á tarde.
Cámaras web da comarca (algunha pode nun funcionar puntualmente)
- Coroso directo _ Santa Uxía de Ribeira
- Praia de Balieiros directo- Corrubedo
- Praia da Ladeira directo- Corrubedo
- Praia das Furnas directo. Porto do Son
- Praia Aguieira directo.Porto do Son
- Portosín. Porto do Son
- Sálvora. Santa Uxía de Ribeira
- Pobra do Caramiñal directo. A Pobra
- Centro Náutico do Freixo
- Praia de Carnota
- Praia de Corón Vilanova de Arousa
- O Grove



