Mellor valorados no concurso de decoración de establecementos “Artemar 2024”

19 Agosto 2024

A oficina de Turismo do Malecón, procedeuse á apertura da urna e ao reconto dos votos para dar a coñecer os establecementos mellor valorados do concurso de decoración de Artemar así coma o sorteo para os votantes dun “lote de conserva artesanal Frinsa”.
O segundo tenente de alcalde, Francisco Suárez-Puerta presidiu o acto que xunto ás técnicas de turismo, procederon ao reconto dun total de máis de cen boletos participantes nos que os mellor valorados foron; Efectos Navales Santa Uxía, Audífonos Audicost e O Bazar de Oujo que recibirán cadanseu “lote de conserva artesanal Frinsa”.
Tamén se procedeu ao sorteo das persoas votantes na que o agraciado foi Iker Fernández Vidal. A entrega de premios está prevista para o vindeiro xoves 22 ás doce do mediodía nos locais mellor valorados.

Outros artigos

Mar remata as obras de construción do peirao interior de Muros

A Consellería do Mar, a través de Portos de Galicia, investiu 460.000 euros na reconstrución dun tramo do peirao interior da dársena de Muros (A Coruña). A titular do departamento autonómico, Marta Villaverde, visitou na mañá deste mércores 10 de xuño as obras que se...

+

ADEGA di que maquinaria pesada arrasou unha zona dunar de Aguiño

ADEGA vén de emitir un comunicado no que a asociación ecoloxista galega pon o foco nunha praia de Aguiño onde, segundo din, vénse de arrasar un hábitat de gran relevancia para cría da píllara das dunas. Sinalan que dende o pasado sábado, 6 de xuño, nas vésperas do...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“El verdadero líder”. Alberto Barciela

“El verdadero líder”. Alberto Barciela

​El viaje a España de Robert Prevost, convertido en el Papa León XIV por decisión de un concilio, ha trascendido la mera visita institucional para transformarse en un acontecimiento del espíritu. En Madrid, como lo hará en Barcelona y Canarias, ha emergido con nitidez...