Galiza Nova Barbanza, encara a recta final da campaña “Queremos mobilidade para a nosa mocidade” coa recolleita de sinaturas nos concellos da comarca

24 Agosto 2024

Galiza Nova Barbanza, encara a recta final da campaña “QUEREMOS MOBILIDADE PARA A NOSA MOCIDADE”,
iniciada o domingo 11 de agosto, e que concluirá a inicios de setembro coa entrega de todas as sinaturas recolleitas durante estas semanas por todos os concellos da comarca ante a xerencia da Xunta de Galiza.

Con esta campaña de recollida de sinaturas, pretendemos esixirlle a Monbus e á Xunta a posta en marcha, así como tamén a súa inclusión na vindeira licitación do servizo, dunha liña de bus que conecte o Barbanza coa estación de ferrocarril de Catoira.
A proposta de Galiza Nova, nun primeiro momento, consistiría nunha liña de reforzo as fins de semana que nos permitiría voltar ás nosas casas o venres (Catoira – Ribeira; saídas ás 19:45 e ás 22:00) e ir ao noso lugar de estudo ou traballo o domingo (Ribeira – Catoira; saídas ás 15:30 e ás 18:30), sen depender de ninguén!
Propoñemos paradas en Ribeira (Estación de Autobuses), A Pobra (Estación de Autobuses), Boiro (Praza do Concello) e Rianxo (Parada Setefogas) ata Catoira (Estación de Ferrocarril).
Incidimos en que é unha proposta para dar inicio a unha liña de bus inexistente ata o momento e que, en función dos usuarios da mesma, sería cuestión posteriormente de ampliar paradas e horarios de saída.
Concluímos agradecendo, aos centos de persoas que levan asinado esta proposta ata o momento, o que demostra a gran acollida que está tendo por parte da veciñanza do Barbanza.
Só queremos movernos con autonomía e total liberdade polo país e dispoñer dun transporte público, sostible e de calidade.

Outros artigos

Estabilizado o lume de Ribasieira (O Son)

A Consellería do Medio Rural informou de que o incendio forestal rexistrado no concello coruñés do Porto do Son, parroquia de Ribasieira, quedou estabilizado ás 18,15 horas de hoxe. O lume iniciouse ás 14,42 horas de onte e segundo as últimas estimacións provisionais...

+

Este mércores 23, comeza o outono logo dun verán de récord

Este verán foi o de maior número de días con temperatura máxima por riba dos 30 graos en Compostela, segundo datos do Observatorio Astronómico da USC Comeza o outono. Foto: Santi Alvite Ás 2:05 horas do mércores 23 dá comezo o outono no hemisferio boreal. Esa hora...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Caridade e solidariedade” – José Manuel Pena

“Caridade e solidariedade” – José Manuel Pena

“Axúdanlles moito máis aos estranxeiros que ás familias humildes da zona”. Observo como unha muller inmigrante, entregaba un cupón de alimentos, e saía do supermercado con dous carros repletos de comida, mentres que a unha veciña, sen apenas recursos, só lle dan unha...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.