FRINSA supera o record de facturación con máis de 700 millóns en vendas e 30 millóns de beneficio

15 Agosto 2024

A empresa ribeirense Frinsa pechou o exercicio 2023 cunhas vendas que alcanzaron os 712,8 millóns de euros, un 17% máis que os 609,6 millóns rexistrados en 2022. Esta cifra marca un récord de facturación para a compañía e permítelle superar novamente ao seu competidor Nauterra (antes coñecido como Calvo), o xigante de Carballo, que quedou en 697 millóns de euros de vendas.

O aumento na facturación de Frinsa, propiedade da familia Carregal, logrou un crecemento a dobre díxito tanto en vendas como en beneficios, alcanzando un beneficio neto consolidado de 30,1 millóns de euros, un 27% máis que os 23,7 millóns obtidos no exercicio anterior. Con todo, non logrou superar o récord de 34,3 millóns de euros rexistrado en 2021.

O resultado de explotación de Frinsa, reflicte o desempeño operativo do grupo e mostrou unha mellora significativa, aumentando de 34 a 41,5 millóns de euros.

Outros artigos

O PSOE de Ribeira acusa ao Executivo local de “falta de propostas”

O PSOE de Ribeira tamén fixo balance do ano de Goberno do PP e PBBI logo da moción de censura consumada en outubro do ano pasado. No seu balance afirmou que a alcaldesa, coincidindo co primeiro aniversario da moción de censura, "segue sen ofrecer solucións á fronte da...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Cuando la huelga cambia de destinatario”. José Castro López

“Cuando la huelga cambia de destinatario”. José Castro López

Vaya por delante que la huelga es una conquista consagrada que tienen los trabajadorespara reivindicar y defender sus derechos. De hecho, en lo que llevamos de democraciatodas las huelgas generales se convocaron por razones laborales contra las políticas delGobierno...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.