Fabiola García visita a rapazada que participa no campamento de verán de Noia

08 Agosto 2024

A conselleira de Política Social e Igualdade, Fabiola García, visitou na mañá deste xoves 8 de agosto a rapazada que participa no campamento de verán de Noia, financiado polo Goberno galego a través do Plan Corresponsables.

Segundo fixo saber, a Xunta destina 80.000 euros a impulsar estas actividades que benefician a 600 familias desta localidade para conciliar durante a etapa estival.

A conselleira concretou que no conxunto de Galicia, o Plan Corresponsables permite ofrecer axudas a máis de 170 concellos galegos e chegar así a máis de 12.000 fogares. Neste ano 2024, o Goberno galego destina 7 millóns de euros a este programa que aínda se completa coas axudas destinadas a financiar os programas impulsados por entidades sociais, que este ano chega a 16 organizacións.

Fabiola García sinalou tamén “que o Goberno galego impulsa medidas pioneiras para favorecer a conciliación familiar como a gratuidade das escolas infantís, que permite a 32.00 familias aforrar cada ano máis de 3.000 euros; o Bono Concilia Familia, para sufragar os gastos extraordinarios de conciliación; ou o impulso das casas niño, que permiten a creación de servizos nos concellos menos poboados do rural”.

Outros artigos

Mar remata as obras de construción do peirao interior de Muros

A Consellería do Mar, a través de Portos de Galicia, investiu 460.000 euros na reconstrución dun tramo do peirao interior da dársena de Muros (A Coruña). A titular do departamento autonómico, Marta Villaverde, visitou na mañá deste mércores 10 de xuño as obras que se...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“El verdadero líder”. Alberto Barciela

“El verdadero líder”. Alberto Barciela

​El viaje a España de Robert Prevost, convertido en el Papa León XIV por decisión de un concilio, ha trascendido la mera visita institucional para transformarse en un acontecimiento del espíritu. En Madrid, como lo hará en Barcelona y Canarias, ha emergido con nitidez...

“Prioiridade nacional, onde e con quen?-“. Antón Luaces

“Prioiridade nacional, onde e con quen?-“. Antón Luaces

Dicir "os españois primeiro" é o equivalente a poñer en determinadas bocas citas indebidas e nas mans desas persoas a chave que só abre portas a moi concretos españois que, dende as opcións de VOX e outros partidos das súas  características, constatan que se...