Este xoves 15 comezan as Festas de Cespón

14 Agosto 2024

Esta semana, a partir do xoves 15 de agosto, celébranse no concello de Boiro as Festas de Verán de Cespón. As actividades comezarán este xoves (Día de Nosa Señora dos Arrolos) cunha ruada a cargo de Os Pequenos do Barbansa e a Charanga Noroeste, e con misas cantadas cada hora a partir das 9.00 horas. Ás 12 haberá unha misa solemne co Coro de San Vicente de Cespón seguida dunha procesión até a capela de san Roque acompañada da Banda de Música de Rianxo. Ás 13.00 horas haberá misa solemne na capela de San Roque cantada polo Coro de San Vicente de Cespón. Ás 14.00 horas haberá sesión vermú con Rumbo Norte. Pola noite, ás 21 volverá haber misa solemne co Coro de San Vicente. Logo comezará a gran verbena coas orquestras Puzzle e Rumbo Norte.

O venres 16 arrincará novamente cunha ruada a cargo de Os Pequenos do Barbansa e a Charanga Noroeste. Ás 12.00 horas celebrarase unha misa solemne cantada co Coro de San Vicente de Cespón, adicada a San Roque, seguida de procesión. Ás 13.00 celebrarase unha sesión vermú coa Charanga Noroeste e pola tarde haberá xogos tradicionais no campo de San Roque. Pola noite verbena coa orquestra Foliada de Ases e a Disco Móbil con Mateo Abelleira.

O sábado (día de San Antonio) comeza novamente cunha ruada a cargo de Os Pequenos do Barbansa, seguida dunha misa solemne cantada polo Coro de San Vicente de Cespón, na honra de San Antonio, seguida de procesión. Ás 13.30 comeza a sesión vermú co Dúo Charada e pola tarde haberá actividades para a rapazada (Infantilandia) con inchábeis e xogos e unha festa da escuma. A verbena nocturna virá da man do Dúo Charada e do DJ Matrek Show.

O domingo 18, logo da ruada e da misa adicada a San José, celebrarase unha sesión vermú coa Charanga Noroeste. Pola noite, a partir das 22.00, verbena coa Orquestra Los Playes e con Pili Pampín.

Outros artigos

O PSOE de Ribeira acusa ao Executivo local de “falta de propostas”

O PSOE de Ribeira tamén fixo balance do ano de Goberno do PP e PBBI logo da moción de censura consumada en outubro do ano pasado. No seu balance afirmou que a alcaldesa, coincidindo co primeiro aniversario da moción de censura, "segue sen ofrecer solucións á fronte da...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Cuando la huelga cambia de destinatario”. José Castro López

“Cuando la huelga cambia de destinatario”. José Castro López

Vaya por delante que la huelga es una conquista consagrada que tienen los trabajadorespara reivindicar y defender sus derechos. De hecho, en lo que llevamos de democraciatodas las huelgas generales se convocaron por razones laborales contra las políticas delGobierno...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.