Este venres arrincan as Festas de San Ramón de Bealo, en Boiro

29 Agosto 2024

Este venres 30 de agosto comezan finalmente as Festas de San Ramón de Bealo (Boiro), unha das grandes celebracións do calendario festivo do Barbanza, e máis aínda se temos en conta a cantidade de anos que atesoura a súa tradicional romaría (este ano celebra o seu 267 aniversario).

As Festas de San Ramón, que se estenden até o 3 de setembro, arrinca este venres coa subida dos santos dende a igrexa ás 12.00h, misas e verbena co Grupo Máster e Disco Móvil CDC. O sábado 31 celebrarase a tradicional romaría popular que este ano cumpre 267 anos de historia e na que haberá misas, sesión vermú coa orquestra Alianza, bailes rexionais e verbena con Alianza, The Cuncas e Pili Pampin co seu grupo.

O domingo 1 de setembro protagonizarán a verbena Claxxon e grupo Montreal; o luns as orquestras Salsa Arena e Unión y Fuerza serán as encargadas da parte musical.

Os festexos rematarán o martes día 3 coa verbena con París de Noia e Trebol. Xa o domingo día 8 celebrarase o tradicional San Ramonciño pequeno con polbeiras a prezos populares e grupos tradicionais.

Programa

-Venres 30 de agosto

12.00h – Subida dos santos (procesión dende a igrexa ata San Ramón) 

12.30h – Misa cantada na honra de San Gregorio

21.00h – Novena e misa na honra de San Ramón 

Verbena con Grupo Máster e Disco Móvil CDC 

-Sábado 31 de agosto 

9, 10, 11 e 12h – Misa na honra de San Ramón 

13.00h – Misa solemne na honra de San Ramón

Sesión vermú coa orquestra Alianza 

19.00 e 21.00h – Misa cantada a San Ramón 

Verbena con Alianza, The Cuncas e Pili Pampin 

–Domingo 1 de setembro 

12.00h – Misa cantada na honra de San Roque 

Verbena con Claxxon e grupo Montreal 

–Luns 2 de setembro 

12.00h – Misa cantada na honra da Virxe das Dores

Verbena con Salsa Arena e grupo Unión y Fuerza 

–Martes 3 de setembro 

12.00h – Misa cantada na honra da Virxe da Milagrosa e baixada dos santos á Igrexa

Verbena con Paris de Noia e Trebol

-Domingo 8 de setembro 
12.00h – Misa cantada na honra de San Ramón 

Grupo de gaitas

Polbeiras

15.00h – actividades para nenos 

Presentación do programa de actividades das Festas de San Ramón, no Concello de Boiro

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Juan Magán” – Xulio Xiz

“Juan Magán” – Xulio Xiz

Estes días, Merce e máis eu, mergullámonos cada día no multitudinario ambiente festeiro, disfrutamos coa venerable presencia de Celtas Cortos e ousamos asistir ao concerto de Juan Magán. Con relativo coñecemento do actual mundo musical, que navega de Camilo a India,...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.