Este domingo celébrase a I Travesía Costa Portosín, na que participan máis de 160 nadadoras/es

23 Agosto 2024

Este domingo vaise celebrar a primeira edición da Travesía Costa Portosín, na que participarán máis de 160 nadadores e nadadoras tomando a saída nas dúas distancias establecidas (1.500 ou 3.000 m) dende a praia de Coira.

Quen precise máis información sobre a proba tena na web da travesía.

Trátase dun acontecemento deportivo de natación en augas abertas que levaba un tempo sen disputarse e que nesta edición de regreso está a ter un gran recibimento entre os deportistas galegos e do resto de España. Ademais, consolidouse como a proba do circuíto galego de natación en augas abertas que ten máis presenza de nadadoras: o 30%.

A cita forma parte do circuíto galego Travesía Costa Duacode (o maior circuíto de natación en augas abertas de Galicia), que tivo sesións previas na Coruña, Oleiros, Fisterra e Malpica e rematará o vindeiro 7 de setembro no Ézaro, no concello de Dumbría.

Programa
09.30 – 10.30 Entrega de dorsais Travesía Longa 3000 m
10.30 – 11.30 Entrega de dorsais Travesía Curta 1500 m
10.50 Briefing da travesía longa na liña de saída
11.00 Saída desde a Praia de Coira, Travesía Longa 3000 m
11.40 Chegada do primeiro clasificado Travesía Longa
11.45 Avituallamento final carreira
11.50 Briefing da travesía curta na liña de saída
12.00 Saída desde a Praia de Coira, Travesía Curta 1500 m
12.25 Chegada do primeiro clasificado Travesía Curta
13.30 – 14.00 Entrega de trofeos.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Leire”. Xulio Xiz

“Leire”. Xulio Xiz

Hai tempo que quería escribirlle a Leire, e funo deixando pero de hoxe non pasa. Pode parecer que lle escribo á Leire Díez que anda na boca de todos, pero prefiro outra ben mais inocente.Certo que hai tempo busquei no organigrama de Correos quen tiña autoridade no...

«Eu non quería morrer alá». Xosé Antonio López Silva

«Eu non quería morrer alá». Xosé Antonio López Silva

Bastou a aparición dunha palabra —hantavirus— para que regresasen de súpeto ao eido público os medos da COVID: os rumores, a procura de culpables, o instinto de autopreservación, a tendencia inquietante a deshumanizar. Ás veces semella esquecerse que todos os enfermos...