Esta “finde” celébrase a 43ª edición da Romaría de Neixón

08 Agosto 2024

Esta fin de semana (a segunda do mes de agosto) vén cargadiña de celebracións, algunha delas de forte tradición e moi enraizada na nosa comarca, como por exemplo a Romaría de Neixón (Cespón’24) que chega á súa 43ª edición e comeza este venres 9 de agosto coa sexta edición do VI Serán Tradicional, a partir das 21.00 horas, cunha manchea de actuacións de grupos de baile e música tradicional da comarca do Barbanza e de toda Galicia, incluíndo tamén sorteos, degustacións de callos e rosca e, ao rematar, unha foliada libre.

Ao día seguinte (sábado 10) haberá verbena nocturna a partir das 21.30 horas con Duo Platino, a Orquestra Bamboleo e máis a Chocolate Disco Móbil.

As festas rematarán o domingo 11 cunha gran sardiñada e un xantar campestre ao mediodía. Previamente haberá unha procesión por Quinteiro e Nine até Neixón (ás 11.45) e unha misa na honra da Virxe do Carme e San Xosé (ás 13 horas, cantada polo Coro San Vicente de Cespón). Tamén haberá bailes rexionais (a cargo de Abeloura) e música de gaitas (con Os Pequenos de Barbanza, Trécola e Río de Anxo). A partir das 19.30 actuará o Dúo Rumbo Norte e darase paso a máis sorteos.

A Romaría vén de man das veciños de Neixón (Cespón) e conta coa colaboración do Concello.

Haberá zona de acampada gratuíta.

Outros artigos

O PSOE de Ribeira acusa ao Executivo local de “falta de propostas”

O PSOE de Ribeira tamén fixo balance do ano de Goberno do PP e PBBI logo da moción de censura consumada en outubro do ano pasado. No seu balance afirmou que a alcaldesa, coincidindo co primeiro aniversario da moción de censura, "segue sen ofrecer solucións á fronte da...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Cuando la huelga cambia de destinatario”. José Castro López

“Cuando la huelga cambia de destinatario”. José Castro López

Vaya por delante que la huelga es una conquista consagrada que tienen los trabajadorespara reivindicar y defender sus derechos. De hecho, en lo que llevamos de democraciatodas las huelgas generales se convocaron por razones laborales contra las políticas delGobierno...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.