Esta fin de semana celébrase a XV Concentración Moteira Ría de Noia

09 Agosto 2024

Este fin de semana as motos serán as grandes protagonistas na vila noiesa, grazas a unha cita obrigada para os moteiros de toda a xeografía galega e tamén do resto de España: a XV Concentración Moteira Ría de Noia.

Serán tres días (a partires do venres 9 e ata o domingo 11 de agosto) para gozar de grandes rutas (tres), moitas actividades, espectáculos, demostracións de habilidades, concurso de decibelios, xogos e moito máis.

A quedada está organizada pola Asociación de Moteiros da Ría de Noia en colaboración co Concello.

Entre os puntos fortes do programa de actividades atópase unha exhibición de drift, na que participarán o piloto Filipe Vieira e os membros do seu equipo, ofrecendo unha demostración nocturna o venres 9 e outra diúrna o sábado 10. O drift ou drifting, para quen non o saiba, é un estilo de condución de vehículos que consiste principalmente en sobrevirar: derrapar de maneira que o vehículo forme un ángulo coa dirección de movemento cara a un lado.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“El Principio de Peter en Ceuta”. José Castro López

“El Principio de Peter en Ceuta”. José Castro López

En 1969 Laurence J. Peter formuló el principio que lleva su nombre según el cual, enuna estructura jerárquica, los empleados llegan al nivel de incompetencia cuando sonascendidos a puestos para los que ya no están capacitados. El pedagogo canadienseformuló su teoría...

“Os dereitos de todos”. Luís Celeiro

“Os dereitos de todos”. Luís Celeiro

Ela e o seu marido fóronse vivir a Ceuta hai uns cantos anos, recen casados e sen fillos. Nun daquelescuarteis estivera destinado Marcial, como soldado forzoso e antimilitarista confeso. Ao volver da“mili”, e despois de tempadas longas traballando no mar ou na...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.