En Ribeira, adxudicados os trabalos para dotar de enerxías renovábeis e eficiencia enerxética o Mercado Muncipal

06 Agosto 2024

O Concello de Ribeira informou da adxudicación dos traballos para dotar de enerxías renovábeis e meirande eficiencia enerxética o Mercado Municipal de Ribeira. O obxectivo é contribuír reducir os gastos enerxéticos e a pegada de carbono do municipio, neste caso concreto nunha das infraestruturas que concentra unha gran actividade comercial e que constitúe tamén un punto de atracción de visitantes, como é o Mercado Municipal de Ribeira.

O Concello engade que a actuación contempla a instalación enerxía fotovoltaica sobre as cubertas da azotea do mercado destinada á xeración eléctrica renovábek en réxime de autoconsumo con compensación de excedentes sobre os servizos xerais do edificio. En concreto estímase
a implantación dun campo solar formado por un máximo 28 paneis de 450 Wp, cunha
potencia pico de xeración de 12,6 kWp e a substitución do sistema de iluminación por
tecnoloxía máis eficiente como é a iluminación LED.

Amais, desbotaranse as luminarias interiores existentes e habilitaranse sistemas de iluminación LED de alto rendemento, co obxectivo de “mellorar significativamente a eficiencia enerxética
no edificio”.

Segundo explicou o rexedor Luís Pérez Barral, “este proxecto non implica alteracións na estrutura do edificio nin na súa fachada, senón que se centra na actualización das luminarias interiores para lograr un uso máis eficiente da enerxía” .

Proxéctase a instalación de paneis fotovoltaicos de 600 W de potencia nominal, monocristalino, que destaca pola súa calidade e elevada eficiencia superando o 23%. garantía de produto de 15 anos e unha garantía de potencia de ata 30 anos asegurando unha potencia superior ao 88%.

Outros artigos

A xornalista Nieves Concostrina estará este mércores no Liceo de Noia

Este mércores 30 de setembro, a xornalista e escritora Nieves Concostrina estará no Liceo de Noia para conservar sobre a súa obra, os seus libros e a súa traxectoria na radio. Estará acompañada polo alcalde, Francisco Pérez Caamaño, e por José M. Romarís. A conversa...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Abusos e indefensión” – José Manuel Pena

“Abusos e indefensión” – José Manuel Pena

Cando existe unha emerxencia habitacional, todas as Administracións Públicas teñen que poñerse as pilas para garantir o Dereito á Vivenda, recoñecido na Constitución española así como en moito Tratados e Organismos Internacionais. Algúns nos preguntamos, actualmente,...

“Ti, morena, quen es?”. Luís Celeiro

“Ti, morena, quen es?”. Luís Celeiro

Son eu, señor capitán deste navío mercante! Eu son unha muller de mundo, ando polo mundo senrumbo e sen sosego. Estou embarcada neste buque e quero saber para onde imos, cantos e cantassomos, como viviremos o que nos queda de mar e quen seremos ao regresar á terra, se...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.