En Boiro a ABE entrega os premios da Campaña Quincenas Fantásticas

29 Agosto 2024

Na mañá de hoxe, na sede da patronal de Boiro, tivo lugar a entrega de premios da campaña de verán.

En total entregáronse 1.000 € en Bonos ABE repartidos en 2 x250, 2×150 e 2x 100 euros, ás persoas gañadoras dos sorteos das quincenas fantásticas.

O presidente, Daniel García, foi o encargado de entregar os premios e quixo por unha parte “agradecer a alta participación dos clientes na campaña que se batiron todos os recods” e por outra “a confianza dos premiados no comercio de Boiro para facer as súas compras”

Datos da campaña

Os 1.699 rexistros da primeira quincena supoñen un récord da campaña respecto do mesmo período do ano pasado superando os 670 da edición de 2021, os 1.015 da edición de 2022 e os 1.581 da de 2023 que ata o momento tiña o récord do período.

Os 1.889 rexistros da segunda quincena é o récord absoluto de todas as quincenas dende que comezou a campaña superando os 515 da edición de 2021, os 1.169 da edición de 2022 e os 1.525 da de 2023.


Persoas gañadoras

PREMIOPREMIADANEGOCIO ONDE MERCOU
250 €ZULEIKA PARADAA PANOLETA
150 €MARIBELPANADERÍA LA ESPIGA
100 €CARMEN GÓMEZCAFÉ BAR LA ATLÁNTICA
250 €ALEJANDRO OZORESBALDANI CONCEPT STORE
150 €OXANA SUKHORUKOVALOLITA MODA
100 €ANA ISABEL ROMEROFRUTAS REYJOSA

As persoas premiadas forman parte dos 3.239 usuarios activos na web de fidelización da ABE, que ademais de participar en sorteos como este, acumulan puntos con cada compra para cambiar por agasallos do catálogo,

Para finalizar o presidente quixo agradecer “aos clientes que rexistraron tíckets nesta campaña tanto a súa participación como os seu compromiso cos negocios locais de Boiro” e recordou que “os premios en Bonos ABE poden utilizarse, sen caducidade, en calquera dos 207 negocios asociados, aos que aproveitamos para agradecer e dar a noraboa pola súa colaboración e compromiso nas labores de información e difusión sa campaña que foron fundamentais para acadar estes espectaculares resultados”.

Outros artigos

Falece un ciclista tras sufrir unha caída nunha pista forestal en Cee

A vítima formaba parte dun grupo de sete persoas que percorría en bicicleta o Camiño a Fisterra Un ciclista perdeu a vida esta tarde no concello coruñés de Cee tras precipitarse da súa bicicleta mentres realizaba o Camiño de Santiago en dirección a Fisterra xunto a un...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Colleita 2026, máis galega” – Xosé González Martínez

“Colleita 2026, máis galega” – Xosé González Martínez

Nunha mañá fría de xaneiro de 1936, ao pé do lume da lareira da Casa dos Ulloa, en Esposende (Ribadavia), Álvaro das Casas, escritor e dinamizador cultural do galeguismo, reuniu un grupo de colleiteiros do Ribeiro para propoñerlles a creación da Unión de Colleiteiros...

“La sociedad deslumbrada”. Alberto Barciela

“La sociedad deslumbrada”. Alberto Barciela

LA SOCIEDAD DESLUMBRADA Es más que probable que estemos viviendo deslumbrados, ciegos de tanta luz y de tanta pantalla, concibiendo ilusiones y expectativas vanas, ofuscados, enceguecidos. Creo que la palabra que todo lo puede sintetizar, al menos lo que quiero...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.