O Concello de Dodro (Área de Cultura) informou do comezou do traballo para a elaboración co calendario municipal de 2025. Trátase novamente dun labor colectivo, polo que se anima á veciñanza que teña imaxes antigas de Dodro a que a comparta a través do correo cultura@dodro.gal. Poderase enviar un máximo de 3 fotografías, en formato horizontal en branco e negro ou sepia e “con boa resolución”. Tamén se permite deixar as imaxes en formato físico na Casa da Cultura para logo proceder dende o Concello a dixitalizalas. A data límite é o 31 de outubro. Unha vez rematado este prazo seleccionaranse as que se usarán no calendario do 2025. Trátase dunha iniciativa que axuda a recuperar en imaxes a memoria de Dodro, sinalaron dende o Consistorio.




