
Entre este venres 23 de agosto e o domingo 25 a parroquia de Isorna (Rianxo) celebrara as súas Festas de Verán, cun completo programa de actividades que inclúe actuacións musicais en diferentes horarios e xogos diversos para a rapazada. As festas, organizadas pola Comisión de Festas de Isorna coa colaboración do Concello de Rianxo, dan comezo cunha xornada (a deste venres) adicada a San Roque, cunha ruada a cargo do grupo de gaitas Río de Anxo e unha misa solemne a partir das 12.00 horas. Pola noite haberá verbena coas orquestras Florida Band e máis o Grupo Arena.
O sábado 24 de agosto estará adicado á Virxe do Carme, e inclúe tamén unha ruada a cargo do grupo de gaitas Río de Anxo cunha misa solemne ás 12.00 horas e unha sesión vermú a cargo do dúo Reflejos. Pola tarde, celebrarase unha troula infantil con inchábeis e unha festa da escuma.
O día seguinte, xornada adicada á Señora das Dores, comezará tamén cunha ruada de Río de Anxo e unha misa solemne ás 12.00 horas. Ás 20.00 horas actuará a Banda de Música de Rianxo no campo da festa.
Haberá fogos artificiais durante a alborada e á saída da misa.



