Comeza a conta atrás para o inicio da XVI Exaltación do Mexillón, en Cabo de Cruz

13 Agosto 2024

Comezou a conta atrás para o inicio das actividades dun dos grandes eventos gastronómicos do mes: a 16ª edición da Exaltación do Mexillón de Cabo de Cruz, que se celebra os días 16, 17 e 18 de agosto, organizada por entidades como a Asociación da Exaltación do Mexillón en colaboración co Concello de Boiro, que compartiron nas redes sociais o programa de actividades (unha completa axenda gastronómica, divulgativa e cultural).

A XVI edición comezará o venres día 16 de agosto cunha charla sobre Análise da situación das rías galegas con Uxío Labarta ás 19.30 horas no local multiusos do Mercado Municipal e unha ruta de tapas de mexillón polos locais de hostalería a partir das 21.00 horas.

O sábado en Cabo de Cruz, na carpa que estará instalada no peirao, haberá un concurso de receitas e un obradoiro para rapaces: Ciencia Divertida, a partir das 19.30 horas. Ás 20.30 horas haberá unha demostración gastronómica (showcooking) a cargo de Miguel Mosteiro con prazas limitadas e para o que se precisa inscrición previa en turismo@boiro.org; ás 21.30 horas degustación de paella e mexillóns ao vapor; e ás 22.00 horas actuación do grupo A Banda da Balbina.

O domingo, coincidindo coas regatas da Liga Galega de Traíñas, celebrarase a XVI Exaltación do Mexillón, que se inaugurará ás 12.30 horas con degustación de mexillón nas distintas elaboracións e actuación do grupo As e Loureda ás 13.30 horas.

O evento conta co apoio das seis agrupacións de mexilloeiros máis numerosas do municipio (ASMECruz, A Marxa, AMEBarraña, Virxe do Carme, OPMEGAL e A Boirense), ademais do Concello de Boiro e Consellería do mar.

Presentación a semana pasada da nova edición da festa do mexillón

Outros artigos

O PSOE de Ribeira acusa ao Executivo local de “falta de propostas”

O PSOE de Ribeira tamén fixo balance do ano de Goberno do PP e PBBI logo da moción de censura consumada en outubro do ano pasado. No seu balance afirmou que a alcaldesa, coincidindo co primeiro aniversario da moción de censura, "segue sen ofrecer solucións á fronte da...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Cuando la huelga cambia de destinatario”. José Castro López

“Cuando la huelga cambia de destinatario”. José Castro López

Vaya por delante que la huelga es una conquista consagrada que tienen los trabajadorespara reivindicar y defender sus derechos. De hecho, en lo que llevamos de democraciatodas las huelgas generales se convocaron por razones laborales contra las políticas delGobierno...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.