Case 650 persoas visitaron as minas de San Finx nos sete primeiros meses de 2024

26 Agosto 2024

O Concello de Lousame fixo balance das visitas recibidas polo poboado das minas do San Finx no que vai de ano: un total de 644 persoas durante os sete primeiros meses de 2024, realizando un percorrido guiado polas instalacións da man de Mayte Sobradelo, licenciada en Historia e técnica municipal do Concello de Lousame. Unhas visitas nas que as persoas participantes coñecen tanto a historia das minas como a súa evolución ao longo dos anos, así como o traballo realizado polo Concello de Lousame para rehabilitar e poñer en valor este patrimonio.

“Son unhas boas cifras á espera de contabilizar os tres meses que historicamente reúnen máis número de visitantes: agosto, setembro e outubro, un trimestre que adoita concentrar case a metade das visitas rexistradas ao longo do ano”, sinalou a concelleira de Cultura, Silvia Agrafojo.

Lembrou tamén que nestes momentos a única posibilidade de visitar o Museo das Minas de San Finx é concertar unha visita, sendo preferíbel un mínimo de 10 persoas, chamando ao Concello de Lousame (981 820 494) ou enviando un correo electrónico a museominasdesanfinx@gmail.com.

Visitas guiadas

O percorrido ofrece unha visita guiada aos edificios que formaron parte do complexo e que se sitúan no antigo poboado mineiro. Nun privilexiado entorno natural declarado Lugar de Interese Xeolóxico, accédese aos talleres, á sala de compresores e ao cuartel vello. A través dos mesmos, os visitantes poderán descubrir a historia dun xacemento de volframio e casiterita desde a chegada de empresarios ingleses a finais do século XIX ata os anos 90 do XX pasando pola época de explotación da II Guerra Mundial.

Despois, o grupo adoita visitar o centro de interpretación, onde pode ver unha maqueta a escala das minas como distinta documentación e trebellos relacionados coa traballo das minas e coa época, dende o propio volframio ata teléfonos antigos, peneiras, imaxes antigas… Aínda que as visitas se adaptan as dispoñibilidades de tempo do grupo, adoitan durar entre hora e hora e media.

As visitas son de balde para persoas maiores de 65 anos ou menores de 5 anos. A tarifa xeral, para persoas de entre 6 e 64 anos, é de 2 euros. Así mesmo, existe unha tarifa reducida de 1 euro para persoas empadroadas en Lousame ou integrantes dun grupo escolar.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Colleita 2026, máis galega” – Xosé González Martínez

“Colleita 2026, máis galega” – Xosé González Martínez

Nunha mañá fría de xaneiro de 1936, ao pé do lume da lareira da Casa dos Ulloa, en Esposende (Ribadavia), Álvaro das Casas, escritor e dinamizador cultural do galeguismo, reuniu un grupo de colleiteiros do Ribeiro para propoñerlles a creación da Unión de Colleiteiros...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.