Carlos Crespo e Kris K DJ estarán o 15 de setembro en Ribeira grazas a FalaRedes

30 Agosto 2024

O programa FalaRedes da Secretaría Xeral da Lingua vai levar a Ribeira o vindeiro 15 de setembro ao dúo formado por Carlos Crespo e Kris K DJ. Será na praza da Porto do Sol, a partir das 13.30 horas.

Carlos Crespo é xornalista musical cunha traxectoria de mais de 25 anos dende diversos medios de comunicación. Leva máis de 20 anos exercendo como DJ, 12 eles na Duendeneta. Foi responsábel das sesións divulgativas Os camiños da música galegae tamén o creador do podcast musical Os Plans de Códax.

Kris K DJ é DJ residente da Duendeneta. Ten pinchado en festivais como Portamerica, Caudal Fest, Atlantic fest, Surfing the Lerez… Acompañou a Bonnie Tyler no seu concerto en Santiago en 2021. É a única DJ en Galicia que fai as súas sesións 100% en galego e 100% en feminino.

A propósito da súa xira con FalaRedes (que recala en setembro en Ribeira) a Secretaría da Lingua lembra que “a música feita en Galicia e en galego está vivindo un momento de excepcional esplendor creativo e de receptividade por parte do público, especialmente da mocidade” e que o obxectivo destas sesións é dar a coñecer e celebrar dun xeito ameno e festivo -ao mesmo tempo que a xente baila e se divirte- os principais expoñentes da actual música galega nos seus máis diversos estilos (pop, rock, rap, tradicional, electrónica…), así como aos grupos e artistas que os precederon nas últimas décadas e que foron abrindo camiño, posibilitando chegar ao status actual.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Colleita 2026, máis galega” – Xosé González Martínez

“Colleita 2026, máis galega” – Xosé González Martínez

Nunha mañá fría de xaneiro de 1936, ao pé do lume da lareira da Casa dos Ulloa, en Esposende (Ribadavia), Álvaro das Casas, escritor e dinamizador cultural do galeguismo, reuniu un grupo de colleiteiros do Ribeiro para propoñerlles a creación da Unión de Colleiteiros...

“La sociedad deslumbrada”. Alberto Barciela

“La sociedad deslumbrada”. Alberto Barciela

LA SOCIEDAD DESLUMBRADA Es más que probable que estemos viviendo deslumbrados, ciegos de tanta luz y de tanta pantalla, concibiendo ilusiones y expectativas vanas, ofuscados, enceguecidos. Creo que la palabra que todo lo puede sintetizar, al menos lo que quiero...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.