Até 240 mozas e mozos poderán beneficiarse dos programas locais e comarcais de emprego xuvenil impulsados pola Xunta

07 Agosto 2024

A Consellería de Emprego publicou a resolución dos obradoiros de emprego orientados a municipios, mancomunidades e entidades públicas que permitirá o desenvolvemento (nas 4 provincias) dun total de 15 programas de inserción laboral para menores de 30 anos, inscritos no sistema nacional de garantía xuvenil. Cun investimento de preto de 6,6 millóns de euros, beneficiaranse desta convocatoria uns 240 mozos e mozas de toda Galicia.

A duración do programa, que combina a formación coa realización dun traballo remunerado, será de 12 meses. A iniciativa persegue mellorar a empregabilidade dos participantes e a súa inserción no mercado laboral, “ofrecéndolles unha formación dual teórico-práctica para o emprego de calidade”. Ao tempo, supón tamén a mellora das dotacións públicas no ámbito local, así como a prestación de servizos de interese xeral e social que repercuten na mellora da calidade de vida e dos servizos, explica a Consellería.

Á convocatoria, lanzada en réxime de concorrencia competitiva, podían presentarse concellos, mancomunidades de municipios e entidades públicas dependentes ou vinculadas a concellos ou mancomunidades. Tamén primaban os proxectos relacionados coas TIC (Tecnoloxías da Información e a Comunicación), a economía dixital, o tecido empresarial e a posibilidade de inserción.

Na resolución deste ano resultaron beneficiarios seis programas de emprego xuvenil na provincia da Coruña, concretamente nos concellos de Boiro (asociado con Rianxo e A Pobra do Caramiñal), Santiago de Compostela, Santa Comba (asociado con A Baña, Negreira e Val do Dubra), Betanzos (asociado con Abegondo, Carral, Coirós e Paderne), Rois (asociado con Dodro e Padrón) e Fene (asociado con Ares, Mugardos e Cabanas).

Na provincia de Lugo resultou beneficiario o proxecto de emprego do concello de Ribadeo, en agrupación con Barreiros. No caso de Ourense, realizaranse dous programas, un concedido ao concello do Carballiño (asociado con Boborás e Maside) e o outro á Mancomunidade voluntaria de concellos da comarca de Ourense. Finalmente, no caso de Pontevedra foron beneficiados seis programas de emprego na mancomunidade da área intermunicipal de Vigo e na dos concellos do Val Miñor, así como nos municipios de Moraña (asociado con Portas e Valga), Ponteareas, Lalín e O Porriño.

A través dos programas seleccionados, a mocidade participante poderá adquirir coñecementos en diferentes áreas, como atención sociosanitaria, mantemento de xardíns, viveiros e zonas verdes, traballos forestais, albanelaría, carpintaría, cantaría, deseño gráfico, dinamización de empresas ou promoción turística, entre outros.

A Xunta encárgase de financiar a formación profesional para o emprego (medios, materiais, contratación de persoal…), así como os custos salariais derivados dos contratos de traballo subscritos co alumnado. A acción enmárcase nos programas públicos de emprego-formación co-financiados pola Unión Europea que buscan mellorar a ocupabilidade das persoas mozas menores de 30 anos inscritos no sistema nacional de garantía xuvenil.

Outros artigos

Mar remata as obras de construción do peirao interior de Muros

A Consellería do Mar, a través de Portos de Galicia, investiu 460.000 euros na reconstrución dun tramo do peirao interior da dársena de Muros (A Coruña). A titular do departamento autonómico, Marta Villaverde, visitou na mañá deste mércores 10 de xuño as obras que se...

+

ADEGA di que maquinaria pesada arrasou unha zona dunar de Aguiño

ADEGA vén de emitir un comunicado no que a asociación ecoloxista galega pon o foco nunha praia de Aguiño onde, segundo din, vénse de arrasar un hábitat de gran relevancia para cría da píllara das dunas. Sinalan que dende o pasado sábado, 6 de xuño, nas vésperas do...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“El verdadero líder”. Alberto Barciela

“El verdadero líder”. Alberto Barciela

​El viaje a España de Robert Prevost, convertido en el Papa León XIV por decisión de un concilio, ha trascendido la mera visita institucional para transformarse en un acontecimiento del espíritu. En Madrid, como lo hará en Barcelona y Canarias, ha emergido con nitidez...