As familias do CEP Xosé María Brea Segade esixen á Xunta que cumpra coa normativa en vigor de ratio de alumnos por aula

02 Agosto 2024

As familias do CEP Xosé María Brea Segade (Rianxo) achegaron un comunicado conxunto no que expresan a súa preocupación polo que consideran “un caso de discriminación” cara ao centro educativo a nivel de infraestruturas así como en materia de condicións educativas.

En primeiro lugar, critican que “dende a Consellería de Educación non se está cumprindo coa normativa actual en vigor en canto a ratio de alumnos por aula do centro educativo”. E engaden que o CEP Xosé María Brea Segade é un centro educativo que dende o 1984 leva formando os
nenos da parroquia de Taragoña e Araño, e que nos primeiros anos, na etapa de Educación Infantil, a maioría de nenos e nenas fórmanse no Centro Rural Agrupado (CRA) de Rianxo, nas escolas de Outeiro, Cruceiro, Cuvide e Capela; e logo, unha vez iniciada a Primaria, eses nenos e nenas trasládanse o do CEP Xosé María Brea Segade”.

Como consecuencia, no rematado curso escolar de segundo de Primaria, víñase detectado no centro unha situación de “colapso educativo”, dende o momento que eses nenos cursan 1º de Primaria. Explican que “había unha aula de 21 nenos e nenas dos cales un 40% deles necesitaban unha atención académica especializada para o seu desenvolvemento, tanto académico como persoal, que vai ter consecuencias directas na súa vida adulta”. Critican que esta situación leva comunicándose dende a dirección do Centro á Consellería de Educación dende o ano 2021 e que “nunca se obtivo ningún tipo de axuda para poder solucionar este problema”.

Lembran que no vindeiro curso esta aula que pasa a ser de 3º de Primaria incrementase en 25 nenos e
nenas seguindo a existir ese 40% con necesidades académicas. “Ás necesidades que xa había”, explican, “vanse sumar as que chegan do CRA, polo que a ratio real de aula ten que considerarse de 26 alumnos, de acordo ca lexislación en vigor, esperando a que se incremente en 27 porque se está á espera de que se recoñeza unha nova discapacidade do 33%”.

Denuncian que “dende a Consellería de Educación non se está cumprindo coa ratio, ao non levar a cabo o
desdobre de esa aula de 3º”. Tamén critican que “a atención e intervención específica e necesaria dos alumnos do centro en canto a Pedagoxía Terapéutica e Audición e Linguaxe é mínima; non podendo brindar un apoio especializado a todo o alumnado que o precise por carecer, no centro educativo de horas de profesorado
especializado en esta área”.

As familias piden á Dirección Xeral de RRHH que “ratifique a súa postura e prime o dereito de equidade e igualdade de oportunidades para o alumnado do CEP Xosé María Brea Segade; que se leve a cabo o desdobre da aula de 3º, cumprindo coa normativa actual de ratio por aula; que se asigne profesorado necesario para garantir o correcto funcionamento do centro educativo”.

Deste xeito, conclúen, “todo o alumnado terá os recursos suficientes para alcanzar a súa completa formación sen precariedade”.

Outros artigos

O PSOE de Ribeira acusa ao Executivo local de “falta de propostas”

O PSOE de Ribeira tamén fixo balance do ano de Goberno do PP e PBBI logo da moción de censura consumada en outubro do ano pasado. No seu balance afirmou que a alcaldesa, coincidindo co primeiro aniversario da moción de censura, "segue sen ofrecer solucións á fronte da...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Cuando la huelga cambia de destinatario”. José Castro López

“Cuando la huelga cambia de destinatario”. José Castro López

Vaya por delante que la huelga es una conquista consagrada que tienen los trabajadorespara reivindicar y defender sus derechos. De hecho, en lo que llevamos de democraciatodas las huelgas generales se convocaron por razones laborales contra las políticas delGobierno...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.