Arrincou na Pobra a nova edición de Comercio na Rúa con 13 establecementos participantes

10 Agosto 2024

Mandarina, Mi Barquito de Papel, El Armario de Mi Amiga, Fina Campaña, Burbujas, Paino Maina, Inés Marcos, Azafrán, Lusco Fusco e os artesáns e as artesás Noites de Datura, Flow de Meiga, Jéssica Tahim e Mil Colores. Estes son os 13 negocios que participan no Comercio na Rúa 2024; unha convocatoria que ten a praza do Emigrante como epicentro do 9 ao 11 de agosto.

O alcalde, José Carlos Vidal; a concelleira da Promoción Económica, Amparo Cerecedo; e a edil dos Servizos Municipais, Estefanía Ramos; foron os encargados de dar inicio a esta nova edición (este venres 9 de agosto).

O obxectivo, sinalaron, é incentivar as compras no comercio de quilómetro 0 aproveitando o bo tempo e a afluencia de persoas na localidade polo verán.

Deseguido, a atención pasou ao obradoiro de ópera e break dance, con Esperanza Mara e A Vella Escola, financiado pola Secretaría Xeral da Lingua dentro do programa FalaRedes.

Pero este non será o único taller de balde a impartir nestes días: tai-chi (no sábado 10, das 11.00 ás 12.00 horas, con Sergio García), bailes latinos (no sábado 10, das 21.00 ás 22.00 horas, con Tania Dorca), swing (no sábado 10, das 22.00 ás 23.00 horas, con Carlos Tomico), ioga (no domingo 11, das 11.00 ás 12.00 horas, con Punto Zen Yoga Estudio) e baile tradicional (no domingo 11, das 12.00 ás 13.00 horas, con Arrancadeira).

Tamén hai un stand de trocos de artigos.

O horario de apertura é no venres 9, das 20.30 ás 23.00 horas, e no sábado 10 e domingo 11, das 11.00 ás 23.00 horas.

Outros artigos

ADEGA di que maquinaria pasada arrasou unha zona dunar de Aguiño

ADEGA vén de emitir un comunicado no que a asociación ecoloxista galega pon o foco nunha praia de Aguiño onde, segundo din, vénse de arrasar un hábitat de gran relevancia para cría da píllara das dunas. Sinalan que dende o pasado sábado, 6 de xuño, nas vésperas do...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Prioiridade nacional, onde e con quen?-“. Antón Luaces

“Prioiridade nacional, onde e con quen?-“. Antón Luaces

Dicir "os españois primeiro" é o equivalente a poñer en determinadas bocas citas indebidas e nas mans desas persoas a chave que só abre portas a moi concretos españois que, dende as opcións de VOX e outros partidos das súas  características, constatan que se...

“Leire”. Xulio Xiz

“Leire”. Xulio Xiz

Hai tempo que quería escribirlle a Leire, e funo deixando pero de hoxe non pasa. Pode parecer que lle escribo á Leire Díez que anda na boca de todos, pero prefiro outra ben mais inocente.Certo que hai tempo busquei no organigrama de Correos quen tiña autoridade no...