Agosto remata en Noia coa XXVI edición da Carreira Pedestre Nocturna

25 Agosto 2024

Co remate do mes de agosto chega un acontecemento deportivo de gran relevancia no calendario do Barbanza e de Galicia: a Carreira Pedestre Nocturna de Noia, que este 2024 celebra os seus 26 anos de historia. Como novidade destacada este ano, a convocatoria deste 31 de agosto será a Edición Tariku Novales, en homenaxe ao atleta local que vén de competir nos Xogos Olímpicos de París.

As inscricións para a XXVI Carreira Pedestre Popular de Noia finalizarán o mércores 28 agosto 2024 23:59h. ou ao completar a cota de prazas dispoñíbel. Este domingo 25 de agosto xa estaban confirmadas 230 persoas inscritas. Quen precise máis datos pode obtelos a través da web Emesports.

A proba inclúe o trofeo especial Hipólito Rey “Polo” para os 3 primeiros clubs federados da clasificación final da proba de 8 K.

Ademais, establécense os seguintes premios:

-Tres primeiros/as clasificados/as absolutos masculinos e femininos da proba de 8 K (adultos).

-Tres primeiros/as clasificados/as de cada categoría establecida, tanto masculinos como femininos, agás nas categorías chupete e pitufo onde non haberá trofeos.

-Tres primeiros/as atletas locais clasificados/as da proba de 8 K, tanto masculino como feminino.

Outros artigos

O PSOE de Ribeira acusa ao Executivo local de “falta de propostas”

O PSOE de Ribeira tamén fixo balance do ano de Goberno do PP e PBBI logo da moción de censura consumada en outubro do ano pasado. No seu balance afirmou que a alcaldesa, coincidindo co primeiro aniversario da moción de censura, "segue sen ofrecer solucións á fronte da...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Cuando la huelga cambia de destinatario”. José Castro López

“Cuando la huelga cambia de destinatario”. José Castro López

Vaya por delante que la huelga es una conquista consagrada que tienen los trabajadorespara reivindicar y defender sus derechos. De hecho, en lo que llevamos de democraciatodas las huelgas generales se convocaron por razones laborales contra las políticas delGobierno...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.