A XVI Exaltación do Mexillón de Boiro contará con degustacións, demostracións e animación musical

07 Agosto 2024

Boiro recupera a Exaltación do Mexillón de Cabo de Cruz cun programa de actividades para celebrar a súa 16ª edición os días 16, 17 e 18 de agosto. O alcalde, José Ramón Romero, e a concelleira de Cultura e Turismo, María Outeiral, participaron este mércores 7 de agosto na presentación xunto co presidente da Asociación da Exaltación do Mexillón, Abel Sanchez, outros membros da organización e representantes das asociacións mexilloeiras do municipio.

Segundo indicaron, o principal obxectivo desta cita é “potenciar o mexillón das rías galegas, buscando levar máis lonxe un produto moi habitual na dieta dos galegos e galegas, sumado ao alto número de postos de traballo directos e indirectos que xera na comunidade autónoma”. Seguindo este fío, o alcalde sinalou que “somos o principal produtor de mexillón da ría de Arousa e temos un produto de primeira calidade que temos que promover e dar a coñecer”.

A XVI edición comezará o venres día 16 de agosto cunha charla sobre Análise da situación das rías galegas con Uxío Labarta ás 19.30 horas no local multiusos do Mercado Municipal e unha ruta de tapas de mexillón polos locais de hostalería a partir das 21.00 horas.

O sábado en Cabo de Cruz, na carpa que estará instalada no peirao, haberá un concurso de receitas e taller para rapaces: Ciencia Divertida, a partir das 19.30 horas. Ás 20.30 horas haberá unha demostración gastronómica (showcooking) a cargo de Miguel Mosteiro con prazas limitadas e para o que se precisa inscrición previa en turismo@boiro.org; ás 21.30 horas degustación de paella e mexillóns ao vapor; e ás 22.00 horas actuación do grupo A Banda da Balbina.

O domingo, coincidindo coas regatas da Liga Galega de Traíñas, celebrarase a XVI Exaltación do Mexillón, que se inaugurará ás 12.30 horas con degustación de mexillón nas distintas elaboracións e actuación do grupo As e Loureda ás 13.30 horas.

“Trátase dun evento que vai moito mais alá dunha exaltación e que conta con actividades complementarias e a colaboración do sector e a hostalería do municipio”, afirmou a concelleira, María Outeiral.

O evento conta co apoio das seis agrupacións de mexilloeiros máis numerosas do municipio (ASMECruz, A Marxa, AMEBarraña, Virxe do Carme, OPMEGAL e A Boirense), ademais do Concello de Boiro e Consellería do mar. “O noso primeiro obxectivo é retomar esta exaltación que deixou de celebrarase fai 8 anos e que se asente e manteña no tempo”, recoñeceu Abel Sánchez.

Outros artigos

O PSOE de Ribeira acusa ao Executivo local de “falta de propostas”

O PSOE de Ribeira tamén fixo balance do ano de Goberno do PP e PBBI logo da moción de censura consumada en outubro do ano pasado. No seu balance afirmou que a alcaldesa, coincidindo co primeiro aniversario da moción de censura, "segue sen ofrecer solucións á fronte da...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Cuando la huelga cambia de destinatario”. José Castro López

“Cuando la huelga cambia de destinatario”. José Castro López

Vaya por delante que la huelga es una conquista consagrada que tienen los trabajadorespara reivindicar y defender sus derechos. De hecho, en lo que llevamos de democraciatodas las huelgas generales se convocaron por razones laborales contra las políticas delGobierno...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.