A Xunta reivindica a calidade dos produtos da cadea mar-industria cunha nova edición das foodtrucks

01 Agosto 2024

O conselleiro do Mar, Alfonso Villares, presentou este xoves 1 de agosto, acompañado do alcalde de Sanxenxo, Telmo Martín, a nova edición das foodtrucks incluídas na campaña Galicia Sabe aMar, coas que dende a Administración autonómica dáse continuidade ao obxectivo de reforzar a extraordinaria calidade dos produtos da cadea mar-industria, como elementos básicos para a saúde e a e economía que se xera entorno ao sector marítimo-pesqueiro.

O novo programa de rutas gastronómicas por Galicia utilizará o mesmo modelo que a exitosa primeira edición.

O contrato ten unha duración de 20 meses e está dotado dun orzamento que supera os 1,2 millóns de euros, co-financiados nun 70% a través do Fondo Europeo Marítimo de Pesca e Acuicultura (FEMPA).

Este servizo, que arrancou este xoves 1 de agosto, inclúe degustacións de alimentos do mar maridados con outros da terra e de condición diferenciada ou marcas de calidade. Tal é así que Ponteceso, Oia, Castro de Rei, Mañón, Ortigueira, Ponteareas, A Pastoriza, O Pino, Oimbra, Boqueixón, O Vicedo, A Estrada, Boborás, Marín, Laxe, Porto do Son, Malpica, Laraxa, Monterroso, Cabanas, Vilanova de Arousa, Avión, Bande, Rábade, Folgoso do Courel, Cabana de Bergantiños, Triacastela, Cervo, Riotorto, A Guarda, Riberia, Poio, Ribadeo, Noia, Sober, Xove, Cospeito, Cariño e Arteixo son outros dos destinos que están pechados para este mes de agosto, e nos que recalarán os catro vehículos que poñen en valor a gran variedade de peixes e mariscos, que saen das máis de 60 lonxas galegas, e as especiais características deses produtos, de máxima frescura e calidade.

As catro foodtrucks seguirán diferentes rutas, centrándose nos principais núcleos urbanos de Galicia, preferentemente en concellos de máis de 1.000 habitantes. Nos lugares de maior poboación e máis demanda cidadá, a furgoneta pode permanecer ata 3 días. O número mínimo de degustacións totais será de 600, no 2024, e 800, no 2025. A campaña está apoiada con distinto material promocional sobre os beneficios que ten para a saúde o consumo de peixe.

A través deste programa infórmase aos destinatarios sobre a importancia social e económica do sector do mar; ponse en valor a actividade da pesca e o marisqueo en Galicia; promóvese unha xestión sostíbel dos recursos tanto dende o punto de vista económico, como ambiental e social; e garántese a rasttrexabilidade dos produtos pesqueiros e a súa seguridade alimentaria.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Xuíces e autos xudiciais” – José Manuel Pena

“Xuíces e autos xudiciais” – José Manuel Pena

Hai bos xuíces, profesionais e valentes que cumpren coas súas obrigas. Un deles, sen dúbida, é Borja Pérez, titular do Xulgado Número 2 de Ribeira. Dita un auto xudicial polo cal suspende o lanzamento dunha familia vulnerable de Ribeira, en aplicación do novo RDL...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.