A Pobra, sede coruñesa da 61ª Regata Rías Baixas

15 Agosto 2024

Máis de 40 veleiros completaron neste 15 de agosto a segunda etapa da 61ª Regata Rías Baixas coa súa chegada ao porto da Pobra do Caramiñal.

No Centro Sociocomunitario e de Benestar da localidade ofreceuse un ágape e fíxose a entrega de premios ao primeiro barco clasificado de cada clase nesta etapa con saída de Combarro: ORC 1-2 (Aceites Abril), ORC 3 (Salaño Dos), ORC 4-5 (Squid II), Open 1 (Berlinguiño) e Open 2 (Bodegas Villanueva).

Durante a súa intervención, a concelleira do Turismo, Estefanía Ramos, destacou que o apoio aos deportes náuticos encaixa na estratexia turística que segue a Administración local para a posta en valor do mar.

Tamén se pronunciou o presidente do Real Club Náutico de Vigo, José Antonio Portela, quen se referiu ao porto da Pobra como unha aposta segura, o cal referendou coa entrega dunha placa como agasallo.

Esta travesía continuará nos vindeiros días coas etapas A Pobra do Caramiñal-Combarro, Combarro-Vigo e Vigo-Vigo.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Leire”. Xulio Xiz

“Leire”. Xulio Xiz

Hai tempo que quería escribirlle a Leire, e funo deixando pero de hoxe non pasa. Pode parecer que lle escribo á Leire Díez que anda na boca de todos, pero prefiro outra ben mais inocente.Certo que hai tempo busquei no organigrama de Correos quen tiña autoridade no...

«Eu non quería morrer alá». Xosé Antonio López Silva

«Eu non quería morrer alá». Xosé Antonio López Silva

Bastou a aparición dunha palabra —hantavirus— para que regresasen de súpeto ao eido público os medos da COVID: os rumores, a procura de culpables, o instinto de autopreservación, a tendencia inquietante a deshumanizar. Ás veces semella esquecerse que todos os enfermos...