A comunidade dorneira xa pode inscribirse na Sea e o Baile de Ghala da LXXVI Singhladura

13 Agosto 2024

A Real e Ilustre Cofradía da Dorna anunciou os detalles do gran broche dorneiro das pasadas festas do mes de xullo: a Sea e Baile de Ghala da LXXVI Singhladura. Segundo informan, o evento xa ten abertas (a partir das 18.00 horas deste 13 de agosto) as inscricións para participar (“encher o buche e despedir con aleghría esta singhladura”). Será o vindeiro 23 de agosto ás 21.29 h no Restaurante Torre da Xunqueira. Para participar neste encontro festeiro-gastronómicos a confraría reenvíanos as seguintes indicacións: “Debemos sacar as nosas mellores jalas. Se vimos da praia temos que acordarnos de pasarnos un ajua (o xabón tamén axuda), cambiar o bañador e as chanclas”. Haberá autobuses de ida e volta. O horario dos buses é o seguinte:

-Saida para a Sea as 21:02 h dende “a estación nova de autobuses”.

-Saida para o baile as 23:33 h dende a estación.

-Regreso a partir 1:01 dende o restaurante.

Despois, cada hora haberá saídas ata que remate a festa.

Outros artigos

ADEGA di que maquinaria pesada arrasou unha zona dunar de Aguiño

ADEGA vén de emitir un comunicado no que a asociación ecoloxista galega pon o foco nunha praia de Aguiño onde, segundo din, vénse de arrasar un hábitat de gran relevancia para cría da píllara das dunas. Sinalan que dende o pasado sábado, 6 de xuño, nas vésperas do...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“El verdadero líder”. Alberto Barciela

“El verdadero líder”. Alberto Barciela

​El viaje a España de Robert Prevost, convertido en el Papa León XIV por decisión de un concilio, ha trascendido la mera visita institucional para transformarse en un acontecimiento del espíritu. En Madrid, como lo hará en Barcelona y Canarias, ha emergido con nitidez...