A comunidade da Creba viaxou ao Salnés e coñeceu a rica tradición mariñeira local

06 Agosto 2024

A Asociación Saúde Mental A Creba (entidade inclusiva do Barbanza) vén de realizar a súa Xornada de Convivencia de Verán, iniciativa na que se busca fomentar os lazos entre persoas usuarias de ámbolos dous centros da asociación (Ribeira e Noia), xunto coas persoas beneficiarias de programas (usuarios externos) e o persoal da entidade.

Este ano escolleuse como destino O Grove, no Salnés, alí puideron visitar as instalacións do Museo Salgadeiras de Moreiras, un espazo etnográfico, onde non só se mostran os detalles de importancia histórica, etnográfica e económica da industria da salgadura, senón tamén os diversos elementos que constitúen toda a actividade tradicional vinculada ao mar (maquinaria, embarcacións tradicionais, apeiros de pesca e marisqueo, tipos de maquinarias e aparellos para a salgadura ou, incluso, conservas de mariscos de distintas épocas).

Posteriormente as persoas integrantes da Creba participaron nun xantar de confraternidade no miradoiro do Siradella, emprazado no Grove, e no cal desfrutaron ao aire libre ata poñer rumbo a Meis, onde deron un pequeno paseo pola localidade do Salnés para posteriormente regresar ás comarcas de Barbanza e Muros-Noia.

Desde esta entidade de carácter sociosanitario apostan por “este tipo de iniciativas, diferentes ás que se realizan semanalmente, rachando así coas rutinas e a monotonía”, pero o máis importante, destacan desde A Creba, é que é un espazo de convivencia entre toda a familia da entidade, o que redunda nunha mellor atención en un maior benestar das persoas con enfermidades mentais.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Fronteiras”. Xulio Xiz

“Fronteiras”. Xulio Xiz

Axiña fará catro anos que físicamente nos deixou Darío Xohán Cabana, pero segue entre nós coa obra que nos deixou, especialmente aos chairegos, marcados para sempre.Pensei en Darío estes días cando a invasión de Ceuta por milleiros de marroquís, nova marcha verde,...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.