A 61ª Regata Rías Baixas aposta pola Pobra como o seu porto seda na provincia da Coruña

06 Agosto 2024

C.P.

A Pobra do Caramiñal eríxese un ano máis como un dos portos de referencia da Regata Rías Baixas na súa 61.ª edición, sendo a única localidade participante da provincia da Coruña.
A concelleira do Turismo, Estefanía Ramos, remarcou a aposta que se fai dende a Administración local para “enxalza-lo noso mar e a nosa cultura mariñeira. Contamos con regatas de bateis, traíñas, turismo mariñeiro,
viaxes en veleiro… E este é un exemplo máis do apoio da Concellaría do Turismo a todo o que ten que ver co noso mar.” Tamén sinalou que esta é unha oportunidade para dar a coñecer entre a tripulación, cando arribe no 15 de agosto no concello pobrense, a paisaxe, patrimonio e gastronomía do municipio.
Pola súa parte, o presidente do Real Club Náutico de Vigo, José Antonio Portela, destacou que esta nova convocatoria une dous aspectos moi particulares: é unha proba deportiva de altísimo nivel con participantes
que gañaron na 42 Copa del Rey MAPFRE e tamén ten a faceta turística ao aproveitar para coñecer moitos dos pobos do litoral polo que discorre esta travesía a vela. “A Pobra é imprescindible para o Rías Baixas e para os
participantes nesta regata”, como así constatan as enquisas que realiza o ente organizador.
Tomarán parte entre 50 e 60 embarcación que completarán as seguintes etapas: Vigo-Combarro, Combarro-A Pobra do Caramiñal, A Pobra do Caramiñal-Combarro, Combarro-Vigo e Vigo-Vigo.

Outros artigos

ADEGA di que maquinaria pesada arrasou unha zona dunar de Aguiño

ADEGA vén de emitir un comunicado no que a asociación ecoloxista galega pon o foco nunha praia de Aguiño onde, segundo din, vénse de arrasar un hábitat de gran relevancia para cría da píllara das dunas. Sinalan que dende o pasado sábado, 6 de xuño, nas vésperas do...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“El verdadero líder”. Alberto Barciela

“El verdadero líder”. Alberto Barciela

​El viaje a España de Robert Prevost, convertido en el Papa León XIV por decisión de un concilio, ha trascendido la mera visita institucional para transformarse en un acontecimiento del espíritu. En Madrid, como lo hará en Barcelona y Canarias, ha emergido con nitidez...