A 11ª etapa de La Vuelta pasará o 28 de agosto polo Barbanza

23 Agosto 2024

A edición deste ano de La Vuelta Ciclista a España (79ª edición) vai pasar por varios concellos da nosa comarca: Padrón, Dodro, Rianxo, Boiro, Noia, Lousame e Rois.

Segundo informou a organización da proba ciclista española, o vindeiro mércores 28 de agosto unha parte da 11ª etapa da edición deste ano de La Vuelta discorrerá polos ditos municipios. Tratase dunha etapa de 166,5km, con inicio e final no Campus Tecnolóxico Cortizo (Padrón).

Durante o paso do pelotón non se poderá acceder ás estradas AC-301, AC-299, Padrón, e a AC-307 e a AC-305, Rianxo, dende ningunha intersección.

Estes cortes durarán só uns minutos e estarán correctamente indicados.

Como dixemos, o pelotón pasará pola ría de Arousa na súa 11ª etapa. Será un trazado de 167 quilómetros rompepernas con inicio e chegada no Campus Tecnolóxico de Cortizo, en Aldea Lamas (Padrón). O pelotón dirixirase ás primeiras de cambio cara a Taragoña (Rianxo) pola AC-305, por Imo e Bexo (Dodro), penetrando no concello de Rianxo por Burés, A Casa e Outeiro.

Logo os ciclistas arribarán a Boiro, para coller rumbo a Noia pola DP-1104 pasando por Bealo, O Valiño e Beluso. A continuación subirán ao alto de San Xusto (3ª categoría), en San Xusto, e no quilómetro 67 efectuarán un primeiro paso por meta. Na segunda parte da proba diaria deberán subir ao porto Aguasantas (segunda categoría) en Rois e logo ao porto de Cruxeiras (terceira categoría).

Outros artigos

O PSOE de Ribeira acusa ao Executivo local de “falta de propostas”

O PSOE de Ribeira tamén fixo balance do ano de Goberno do PP e PBBI logo da moción de censura consumada en outubro do ano pasado. No seu balance afirmou que a alcaldesa, coincidindo co primeiro aniversario da moción de censura, "segue sen ofrecer solucións á fronte da...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Cuando la huelga cambia de destinatario”. José Castro López

“Cuando la huelga cambia de destinatario”. José Castro López

Vaya por delante que la huelga es una conquista consagrada que tienen los trabajadorespara reivindicar y defender sus derechos. De hecho, en lo que llevamos de democraciatodas las huelgas generales se convocaron por razones laborales contra las políticas delGobierno...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.