O Son celebra esta fin de semana a Feira Celta

28 Xullo 2024

A Feira Celta de Porto do Son volve este mes de xullo para levarnos moi atrás no tempo cara unha civilización, a castrexa, que deixou fondas pegadas no municipio. Por exemplo nun dos seus principais tesouros patrimoniais: o Castro de Baroña. A feira celebrarase este ano entre o 26 e o 28 de xullo. Serán tres xornadas de espectáculos, monicreques, música e maxia celtas, obradoiros, ruadas castrexas e, por suposto, os tradicionais postos de gastronomía e artesanía. Podemos consultar o programa no Facebook do Concello.

A feira arrincará ás 17.00 horas do venres 26 de xullo, coa apertura oficial do mercado instalado na vila. A partir da apertura e ata a medianoite iranse sucedendo diversos espectáculos de rúa, como a música do Duo Dydima e Treefolkers, as exhibicións de A Todo Trapo, Troula Animación, Black Raven e Dark Fantasy ou os monicreques de La Bailadora. Tamén haberá un show máxico a cargo de Cayetano Lledó, ás 20.15 horas e, para rematar o día, unha festa de lume da man de A Todo Trapo e un concerto de Duo Dydima, agrupación que abrirá as actividades do sábado 27, xornada que virá cargada de espectáculos, concertos e exhibicións (Cía Lápiz, Os Brinqueiros, Ninfa Haria, etc). Entre outras moitas cousas, ás 21.00 horas está previsto un espectáculo de hípica celta a cargo de A Lenda. A xornada rematará cunha nova festa de lume (con A Todo Trapo e logo con Cía Lápiz, a partir das 0.30) e cun concerto de Treefolkers á medianoite.

No domingo introduciranse no programa novidades tan destacadas como un campionato viquingo, campamentos de orcos, obradoiros de exhibición, xogos e atraccións infantís. O programa do último día de actividades tamén contará coa presenza das compañías e agrupacións das anteriores xornadas, ás que compre engadir a Deabru Beltzak, que pecharán o día co espectáculo Os tambores de lume.

Outros artigos

O PSOE de Ribeira acusa ao Executivo local de “falta de propostas”

O PSOE de Ribeira tamén fixo balance do ano de Goberno do PP e PBBI logo da moción de censura consumada en outubro do ano pasado. No seu balance afirmou que a alcaldesa, coincidindo co primeiro aniversario da moción de censura, "segue sen ofrecer solucións á fronte da...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Cuando la huelga cambia de destinatario”. José Castro López

“Cuando la huelga cambia de destinatario”. José Castro López

Vaya por delante que la huelga es una conquista consagrada que tienen los trabajadorespara reivindicar y defender sus derechos. De hecho, en lo que llevamos de democraciatodas las huelgas generales se convocaron por razones laborales contra las políticas delGobierno...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.