Durante o venres teremos ceos con poucas nubes pola mañá; durante a tarde irán entrando nubes de tipo medio e alto que irán cubrindo os ceos polo noroeste e nubes de evolución no interior. Posibilidade de brétemas costeiras no litoral atlántico. As temperaturas aínda terán algún ascenso puntual no interior, pero comezarán a descender na costa. Os ventos soprarán de compoñente norte, moderados, con intervalos fortes en Costa da Morte.

O noso mar: Vento variable á mañá, do noroeste á tarde e do norte á noite, forza 1 a 3 á mañá, 4 a 6 á tarde e 3 a 4 á noite. Mar ovellado á mañá, forte marusía á tarde e marusía á noite. Visibilidade boa á mañá e á tarde e regular á noite. Mar de fondo do noroeste, con ondas de 1 a 2 metros á mañá e á noite e 1.5 a 2.5 metros á tarde.
Cámaras web da comarca (algunha pode nun funcionar puntualmente)
- Coroso directo _ Santa Uxía de Ribeira
- Praia de Balieiros directo- Corrubedo
- Praia da Ladeira directo- Corrubedo
- Praia das Furnas directo. Porto do Son
- Praia Aguieira directo.Porto do Son
- Portosín. Porto do Son
- Sálvora. Santa Uxía de Ribeira
- Pobra do Caramiñal directo. A Pobra
- Centro Náutico do Freixo
- Praia de Carnota



