Un accidente na AP-9 deixou unha persoa trasladada e obrigou a cortar un carril en Padrón

29 Xullo 2024

Houbo un ferido grave e outro leve, segundo a información aportada polo GES de Padrón.

ADC Bombeiros Boiro

O 112 Galicia tivo constancia deste suceso logo de que varios particulares decidisen facer uso do teléfono único de emerxencias. Segundo informaban os alertadores, un vehículo sufrira varias voltas de campá no quilómetro 90 da AP-9, ao seu paso por Iria Flavia. O coche quedou envorcado logo do accidente, aínda que todos os ocupantes puideron saír do interior.

Con isto, os xestores do 112 Galicia pasaron o aviso ao do Servizo de Urxencias Sanitarias de Galicia-061, Bombeiros de Boiro, GES de Padrón, Garda Civil de Tráfico e ao Servizo Municipal e á Agrupación de Voluntarios de Protección Civil de Padrón.

O carril en sentido Santiago de Compostela tivo que permanecer cortado, mentres que as urxencias sanitarias mobilizaron ata o lugar o helicóptero medicalizado con base en Santiago. De tódolos xeitos, a persoa que precisou ser trasladada fíxoo finalmente a bordo dunha ambulancia ata o hospital de referencia.

 Consorcio Provincial Contraincendios e Salvamento A Coruña

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“La tiranía de no intentarlo”. José Antonio Constenla

“La tiranía de no intentarlo”. José Antonio Constenla

Tras el varapalo del último informe PISA, que sitúa a los alumnos españolespor debajo de la media de los países miembros de la OCDE en matemáticas,lectura y ciencias, lo que muestra un importante retroceso respecto a losniveles de hace una década, alguien debería...

“El Principio de Peter en Ceuta”. José Castro López

“El Principio de Peter en Ceuta”. José Castro López

En 1969 Laurence J. Peter formuló el principio que lleva su nombre según el cual, enuna estructura jerárquica, los empleados llegan al nivel de incompetencia cuando sonascendidos a puestos para los que ya no están capacitados. El pedagogo canadienseformuló su teoría...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.