Tráfico: novos sinais adaptados aos vehículos eléctricos e Portugal contará desde este sábado con 25 novos radares, algúns deles preto de Galicia

05 Xullo 2024

O Ministerio de Transportes e Movilidade Sostible vai incorporar ao longo dos próximos meses novos sinais na Rede de Estradas do Estado adaptados á nova mobilidade e tecnoloxías, con pictogramas que sinalen os puntos de recarga de vehículos eléctricos ou zonas de estacionamento seguro.

Algúns dos novos pictogramas e sinais que se incorporan son os representativos das estacións de recarga eléctrica dentro e fóra de estacións de servizo, venda de billetes para a operación Paso do Estreito, zonas de descanso e estacionamento seguro, delimitación das demarcacións hidrográficas ou o inicio e fin da rede de vías de circulación estatais.

O Goberno indica que estes novos sinais son froito dun proceso de coordinación entre o Ministerio de Transportes e Mobilidade Sostible, o Ministerio para a Transición Ecolóxica e o Reto Demográfico e o Ministerio do Interior.

Por outra banda desde este sábado haberá 25 radares novos nas estradas portuguesas, moitosna zona máis próxima a Galicia. En concreto, no norte portugués haberá novos radares en Vila Nova de Gaia e no Porto. En total, Portugal contará con 123 radares, 23 deles de tramo.

A súa implantación é relativamente recente, pero non hai dúbidas do éxito obtido, porque dende que se controla a velocidade nas estradas, reducíronse nun 74 % os mortos nas estradas e nun 36 % os accidentes con vítimas.

A maior parte están situados nas estradas que rexistran máis sinistros, e non nas autoestradas. Ademais, están indicados con sinais de tráfico ou en distintas webs e aplicacións.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“La tiranía de no intentarlo”. José Antonio Constenla

“La tiranía de no intentarlo”. José Antonio Constenla

Tras el varapalo del último informe PISA, que sitúa a los alumnos españolespor debajo de la media de los países miembros de la OCDE en matemáticas,lectura y ciencias, lo que muestra un importante retroceso respecto a losniveles de hace una década, alguien debería...

“El Principio de Peter en Ceuta”. José Castro López

“El Principio de Peter en Ceuta”. José Castro López

En 1969 Laurence J. Peter formuló el principio que lleva su nombre según el cual, enuna estructura jerárquica, los empleados llegan al nivel de incompetencia cuando sonascendidos a puestos para los que ya no están capacitados. El pedagogo canadienseformuló su teoría...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.