Todo listo para o comezo do Festival de Arte Urbana Viladomar, en Rianxo a partir do 4 de xullo

01 Xullo 2024

Un ano máis, xa está aquí o Festival de Arte Urbana de Rianxo Viladomar – máis alá dos muros, organizado pola asociación local Ondiñas Mainas co apoio e financiamento do Concello e a Deputación da Coruña. Dende o 4 ao 14 de xullo, artistas chegados de diferentes partes do mundo transformarán as paredes dalgúns edificios do municipio rianxeiro en lenzos para acoller as súas creacións. O programa definitivo das actividades desvelarase ao longo desta semana. Por certo que o cartaz deste ano foi obra de @brnrd.pzcd.

Viladomar é un laboratorio de arte pública polo que xa teñen pasado artistas de renome na creación e transformación urbana como Nove Noel, David Cuence, Mutante Creativo de Ordes, Batalla de Rianxo, Cestola na Cachola de Almería, Doa de Sober e Nana de Ordes. Na edición do ano pasado a artista Lidia Cao (Ordes), pintou o lateral sur do polideportivo de Campo Maneiro, e o dúo Alegría e David Cuence interviron en diferentes espazos urbanos do concello, por exemplo no Pazo.

O pasado mes de marzo a Deputación da Coruña confirmou o seu apoio financeiro ao festival rianxeiro con 27.400 €. Acompañado do alcalde de Rianxo, Julian Bustelo, e parte do equipo da Corporación municipal, así como do artista Nove Noel, o deputado Xosé Regueira visitou os murais da última edición do Festival Viladomar e destacou o potencial da arte urbana, “que permite visualizar un produto turístico atractivo e ofrece unha alternativa para dar a coñecer un destino desde outra óptica, alcanzando un determinado tipo de visitante que ata hai poucos anos tiñamos esquecido””.

 

Outros artigos

O PSOE de Ribeira acusa ao Executivo local de “falta de propostas”

O PSOE de Ribeira tamén fixo balance do ano de Goberno do PP e PBBI logo da moción de censura consumada en outubro do ano pasado. No seu balance afirmou que a alcaldesa, coincidindo co primeiro aniversario da moción de censura, "segue sen ofrecer solucións á fronte da...

+

O Culturgal Expandido recala esta semana en Muros

A edición 2026 do Culturgal Expandido chega esta fin de semana ao Mercado Municipal de Muros cunha programación gratuíta e para todas as idades. Na presentación do programa participaron Natividad Gonzalez, deputada de Cultura da Deputación da Coruña; María Lago,...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Cuando la huelga cambia de destinatario”. José Castro López

“Cuando la huelga cambia de destinatario”. José Castro López

Vaya por delante que la huelga es una conquista consagrada que tienen los trabajadorespara reivindicar y defender sus derechos. De hecho, en lo que llevamos de democraciatodas las huelgas generales se convocaron por razones laborales contra las políticas delGobierno...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.