Stop Deshaucios advirte do problema crecente da emerxencia habitacional no Barbanza e no resto das comarcas galegas

23 Xullo 2024

A Plataforma Stop Deshaucios Barbanza emitiu este 23 un xullo un novo comunicado no que alerta da ineficacia das medidas que se están a tomar para solucionar o problema da vivenda e evitar que haxa milleiros de persoas en Galicia ás que semella que lles está negado o dereito a ter unha solución habitacional. “Volvemos observar un grave problema en relación á falta de eficacia sobre as emerxencias habitacionais, principalmente na Comarca do Barbanza e en xeral no resto das comarcas galegas”, sinala a plataforma, engadindo que “cando unha familia ou unha persoa vulnerábel ten que desaloxar a vivenda habitual, por orde xudicial, débeselles garantir unha alternativa habitacional e iso non sempre acontece”.

Na plataforma engaden que a maiores “hai unha evidente falta de coordinación entre a Consellería de Vivenda da Xunta de Galicia e os propios Concellos para afrontar, con eficacia, a realidade da emerxencia habitacional en Galicia”, ao que se lle suma unha carencia dun número de vivendas suficientes con destino a estas situacións, cada vez máis habituais. “Isto obriga a algunhas familias a malvivir en chabolas, caravanas, infravivendas ou en pisos compartidos, cun elevado número de persoas”, sinala a plataforma, engadindo que “tanto a Xunta como os Concellos non poden deixar todo en mans do mercado libre, das inmobiliarias ou dos propietarios privados, estes non sempre alugan ou se o fan esixen demasiadas garantías que estas familias non poden cumprir”.

E conclúe a plataforma: “As diferentes Administracións Públicas teñen que pensar doutra maneira e entender que a vivenda non está para a especulación, senón para facilitar unha resposta social de acceso a unha vivenda digna, adecuada e accesible”.

Lembran dende Stop Deshaucios que un dos máis recentes casos de emerxencia habitacional está a ocorrer no concello de Boiro, onde unha familia á que se lle suspendeu o lanzamento xudicial da vivenda, atópase á espera dunha alternativa habitacional, antes do 31 de xullo, pola contra tería que ir vivir debaixo dunha ponte.

Outros artigos

O filme documental 360 curvas proxéctase este domingo en Boiro

O Ciclo de Cine Mestre Mateo, impulsado nos concellos pola Academia Galega do Audiovisual, volveu poñer o foco en Boiro para dar coñecer ao público a rica colleita cinematográfica galega deste último ano. Sen ir máis lonxe, este domingo 18 de outubro proxectarase no...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Juan Magán” – Xulio Xiz

“Juan Magán” – Xulio Xiz

Estes días, Merce e máis eu, mergullámonos cada día no multitudinario ambiente festeiro, disfrutamos coa venerable presencia de Celtas Cortos e ousamos asistir ao concerto de Juan Magán. Con relativo coñecemento do actual mundo musical, que navega de Camilo a India,...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.