“Sete anos non son nada?”. Antón Luaces

17 Xullo 2024

Na mencida do 24 de abril de 2017, tres mariñeiros de Poio perderon a vida nun accidente protagonizado pola embarcación de baixura Nuevo Marco.

Foi na ría de Pontevedra, e sete anos máis tarde -coma se ocorrese onte- a Xunta informa que comeza a adopción de medidas tendentes a corrixir un grave desaxuste de seguridade para a navegación nas rías galegas que afecta diretamente á frota de baixura desta comunidade autónoma.

 As medidas anunciadas dan a entender que, finalmente, se vai proceder a iluminar todas e cada unha das bateas fondeadas en importante número nas augas desas rías, en maior número nas de Arousa e Vigo.

Un proceso este que, como medida preservativa, abre agora o goberno galego: sete anos dempois do acontecido e do que a asociación de titulados náutico-pesqueiros, AETINAPE, ás poucas horas de se ter rexistrado a traxedia, reclamaba unha fonda anàlise da Comisión de Accidentes e Incidentes Marítimos (CIAIM) que determinara as circunstancias que rodearon este “fatal triplo desenlace”, sorprendente “por se ter producido tan perto da costa”.

Entendía daquela AETINAPE que a CIAIM debería estudar , entre outras liñas de investigación, a posible implantación dunha medida preventiva “tan básica” como é a sinalización lumínica de  cada batea, por canto, con independencia de cal poidera ter sido a causa real do accidente, “existe un perigo potencial que compre aminorar”.

Sinalaban tamén os titulados náutico-pesqueiros a existenza nas rías de artefactos flotantes -plataformas petrolíferas, boias, zonas de perigo, etc.- entre as que figuran as bateas mexilloeiras. Estas, sendo unha enorme fonte de riqueza litoral, engadía AETINAPE, cuxa capacidade está fóra de toda dúbida, aparecen referenciadas en cartas mariñas, ocupando o lugar exacto asignado en función da súa concesión , estando ubicadas concretamente reguladas pola normativa vixente.

Son máis de 3.000 as bateas existente no litoral galego , das que máis do 95% están nas Rías  Baixas. Constitúen un obstáculo “invisible” nas noites escuras para as máis de 3,.000 embarcacións de baixura  (o 70% delas a faenar nas Rías Biaxas) que, tecnolóxicamente, son naves moi básicas que non disponen de máis elementos de observación alleos á capacidade visual dos propios profesionais ou a intución e experiencia a bordo.

Polo tanto, argumenta AETINAPE. a sijnalización lumínica sería unha medida básica de seguridade preventiva, tal e como son de todas as altas torres para a seguridade aérea ou os sinais reflectantes para a seguridade viaria.

“Tarde, mal e arrastro” a Xunta tenta paliar a desgracia rexistrada vai sete anos, cando a respostas “debeu darse en primeira instancia, nada máis rexistrada. Coma sempre, a remolque da sociedade civil”. Iluminar as bateas non é problemático. Abonda con querer facelo.

Outros artigos

“Eu tamén quixen bailar coma Javi” – Fernando Sarasketa

Foto de Javi Bermúdez na Sala Real Acababa de chover e Javi empuxoume con firmesa coas dúas mans para poñerme debaixo dunha pingueira. Unha pinga conxelada caeu serteira no meu lombo pasando áxil a rentes da caluga e da camiseta, sen tocalas. “Agora xa sabes o que se...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Derechos”. Roberto Carlos Mirás

“Derechos”. Roberto Carlos Mirás

Dentro de unos días todos los españoles tendrán la oportunidad de cambiar de Gobierno y que éste sea mucho mejor que el anterior. El Gobierno de Pedro Sánchez ha estado rodeado de múltiples investigaciones tanto a nivel personal como el de un presidente que prometió...

“Rairiz de Veiga” – Xosé González Martínez

“Rairiz de Veiga” – Xosé González Martínez

O próximo día 25, despois da misa dominical, ás 11.30 horas, celebrarase na parroquia de Rairiz de Veiga, do homónimo concello ourensán da Limia, un acto promovido pola Asociación de Funcionarios-as para a Normalización Lingüística encadrado na iniciativa En galego,...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.