Sálvora recupera a súa antiga escola

07 Xullo 2024

A illa de Sálvora, recentemente declarada Ben de Interese Cultural na categoría de paisaxe cultural, deu un paso significativo na recuperación do seu patrimonio histórico coa restauración da súa antiga escola. Este inmoble, situado á entrada do pequeno poboado que estivo habitado ata 1972, foi reconstruído para ofrecer aos visitantes unha recreación fiel do espazo onde estudaban os nenos da illa.

Parque Nacional

Grazas á colaboración entre o Parque Nacional Illas Atlánticas e a Unidade de Condutas Adictivas de Ribeira (UCA), levouse a cabo un minucioso traballo de restauración do mobiliario escolar. Os alumnos de carpintería e restauración, baixo a dirección dos mestres Manuel Casais e Marián Sánchez, fabricaron desde cero todo o mobiliario en madeira, seguindo os deseños da época, xa que non se conservaba ningún dos aveños orixinais.

O inmoble tamén funcionaba como vivenda dos mestres, polo que se equipou cunha cociña e un dormitorio, completando así a recreación do ambiente daquela época. Unha placa conmemorativa xunto á porta de entrada lembra aos últimos estudantes e docentes que ocuparon a escola entre 1932 e 1942, así como aos carpinteiros que fixeron posible esta restauración.

Parque Nacional

Desde fai nove anos, o voluntariado da UCA de Ribeira e o Parque Nacional Illas Atlánticas traballaron conxuntamente en diversos proxectos para poñer en valor o patrimonio de Sálvora. Cada un destes proxectos foi unha mostra de integración, compromiso e esforzo, e contribuíu significativamente á preservación e valorización da illa.

Ademais da recuperación da escola, a Administración continúa cos seus esforzos para investigar e conservar a historia e elementos singulares de Sálvora. Proximamente, publicarase unha obra que profunda no coñecemento histórico do arquipélago, reafirmando o compromiso coa recuperación do patrimonio cultural da illa.

O almacen que albergou a primeira salazonera de Galicia, seguirá sendo un referente nestes esforzos de conservación. Así mesmo, impulsaranse os aspectos etnográficos da illa para ofrecer aos visitantes unha experiencia completa e enriquecedora.

Con estas iniciativas, Sálvora non só preserva o seu valioso patrimonio natural e científico, senón tamén a súa rica historia cultural, converténdose nun punto de referencia para investigadores e visitantes interesados no legado histórico de Galicia.

Parque Nacional

Outros artigos

O PSOE de Ribeira acusa ao Executivo local de “falta de propostas”

O PSOE de Ribeira tamén fixo balance do ano de Goberno do PP e PBBI logo da moción de censura consumada en outubro do ano pasado. No seu balance afirmou que a alcaldesa, coincidindo co primeiro aniversario da moción de censura, "segue sen ofrecer solucións á fronte da...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Cuando la huelga cambia de destinatario”. José Castro López

“Cuando la huelga cambia de destinatario”. José Castro López

Vaya por delante que la huelga es una conquista consagrada que tienen los trabajadorespara reivindicar y defender sus derechos. De hecho, en lo que llevamos de democraciatodas las huelgas generales se convocaron por razones laborales contra las políticas delGobierno...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.