Ribeira acolle este xoves 18 a gala de entrega dos Premios PEL da Deputación ás mellores empresas da provincia

16 Xullo 2024

O novo Auditorio de Ribeira, unha das grandes obras públicas da xeografía galega no que vai de ano, vai acoller este xoves 18 de xullo a gala de entrega dos Premios PEL da Deputación da Coruña ás mellores e máis innovadoras empresas da provincia. O acto será aberto ao público e con entrada gratuíta, estando previsto o seu comezo ás 19.00 horas. Un total de 92 candidaturas concorren á sexta edición destes importantes galardóns. O evento contará coa presenza do presidente provincial, Valentín González Formoso, e cunha ampla representación do tecido social, económico e empresarial da provincia. A gala será conducida pola actriz e presentadora Marta Doviro e contará coa actuación musical do grupo boirense D´Crooners Band.

O xurado

Por certo que o xurado reuniuse este martes 16 de xullo na sede da Deputación na cidade da Coruña, aínda que o fallo darase a coñecer oficialmente durante a gala de entrega dos galardóns PEL 2024 en Ribeira. Nesta edición, o xurado estivo presidido polo presidente da Confederación de Empresarios da Coruña (CEC), Antonio Fontenla Ramil, mentres que o cargo de secretario desempeñouno Manuel Vázquez Sesmonde, xefe do Servizo de Desenvolvemento Territorial e Transición Ecolóxica da Deputación da Coruña.

Tamén integran o xurado José Manuel Cotos Yáñez, profesor titular da Universidade de Santiago de Compostela; Antonio García Lorenzo, catedrático de Escola Universitaria na UDC e membro do grupo de investigación Jean Monnet de Competencia e Desenvolvemento; Rosa Mary Cardeso Trillo, secretaria xeral da Cámara de Comercio de Santiago de Compostela; Ángel Noguerol Urrutia, técnico de innovación e emprendemento da Cámara de Comercio da Coruña; Carme Pampín Casal, cofundadora e CEO de Galchimia S.A., empresa gañadora da IV edición dos premios PEL; e Eva González Mata, directora da store negocios de CaixaBank na Coruña.

72.000 euros en premios para as mellores empresas

As candidaturas presentadas optan a un premio de 18.000 euros en cada unha das catro categorías, que son: mellor iniciativa empresarial nova, para pemes, microempresas e autónomos e persoas autónomas que iniciasen a súa actividade empresarial en 2023 ou 2024; mellor iniciativa empresarial consolidada, para pemes, microempresas, e profesionais autónomos que iniciasen a súa actividade en 2019 ou con anterioridade; e mellor iniciativa verde, a gran novidade desta sexta edición, para pemes, microempresas e autónomos e autónomas, asociacións, clústeres empresariais e concellos que conten con proxectos que teñan por obxectivo a transición ecolóxica e enerxética. Outra das novidades deste ano é que o xurado de expertos outorgará un premio á mellor iniciativa transformadora do rural como recoñecemento ás entidades que conten con proxectos orientados ao desenvolvemento sostíbel e integrador nestas zonas. Neste caso, os 18.000 euros deberanse destinar a financiar un proxecto a desenvolver pola entidade gañadora.

Amais, farase entrega dun recoñecemento especial ao mellor comunicador ou comunicadora en materia de economía e empresa pola súa contribución á difusión do potencial económico de Galicia e e as súas empresas.

Récord de participación

Un total de 92 empresas da provincia optan ao premio este ano, o que, en palabras da Deputación, “supón un récord de participación con respecto ás edicións anteriores”.

A maior parte das empresas que concorren aos premios teñen a súa sede nos concellos da Coruña (20), Santiago (7) e Ferrol (5). En canto á tipoloxía destacan as microempresas (36), seguidas dos profesionais autónomos (18) e por actividade destacan as empresas de servizos técnicos ou tecnolóxicos. Na categoría de mellor iniciativa verde concorren, ademais de empresas, concellos e asociacións empresariais.

Outros artigos

Medio Rural dá por extinguido o incendio de Ribasieira

A Consellería do Medio Rural informou de que o incendio forestal rexistrado no concello do Porto do Son, parroquia de Ribasieira, quedou extinguido ás 19,11 horas de hoxe, xoves 24 de setembro. Como lembraremos, o lume iniciouse ás 14,42 horas do pasado luns e...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Colleita 2026, máis galega” – Xosé González Martínez

“Colleita 2026, máis galega” – Xosé González Martínez

Nunha mañá fría de xaneiro de 1936, ao pé do lume da lareira da Casa dos Ulloa, en Esposende (Ribadavia), Álvaro das Casas, escritor e dinamizador cultural do galeguismo, reuniu un grupo de colleiteiros do Ribeiro para propoñerlles a creación da Unión de Colleiteiros...

“La sociedad deslumbrada”. Alberto Barciela

“La sociedad deslumbrada”. Alberto Barciela

LA SOCIEDAD DESLUMBRADA Es más que probable que estemos viviendo deslumbrados, ciegos de tanta luz y de tanta pantalla, concibiendo ilusiones y expectativas vanas, ofuscados, enceguecidos. Creo que la palabra que todo lo puede sintetizar, al menos lo que quiero...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.